A mámoa de Pedralonga é un dolmen situado en San Tomé de Piñeiro (Marín). Forma parte do conxunto de Chan de Castiñeiras, e foi escavado en 1957 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.

Descrición

Sitúase preto da lagoa de Castiñeiras. Da mámoa orixinal, duns 15 m de diámetro, consérvase parte da cámara funeraria, danada pola construción dunha estrada. O dolmen está formado por dez ortóstatos de máis dun metro de alto, que delimitan un espazo poligonal de 2,5 m de diámetro, cun corredor orientado ao leste. Consérvase só a metade da tumba, e algúns dos ortóstatos están rotos e volcados.

Algunhas das laxes conservan gravados rupestres con liñas onduladas e figuras antropomórficas moi esquemáticas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lista de megálitos de Galicia

Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Marín