Javier Santaolalla Camino, nado en Burgos o 31 de agosto de 1982, é un físico, enxeñeiro, doutor en física de partículas e divulgador científico español. Traballou no Centro Nacional de Estudos Espaciais en Francia, o CIEMAT e a Organización Europea para a Investigación Nuclear, onde formou parte do equipo que descubriu o bosón de Higgs a través do Experimento CMS do gran colisor de hadróns.

Traxectoria Nado en Burgos, pasou a súa infancia en Briviesca. Cando fixo nove anos a súa familia mudouse a Gran Canaria, onde máis adiante estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade das Palmas de Gran Canaria. Tamén é titulado en ciencias físicas pola Universidade Complutense de Madrid. Tras ser aceptado no CERN para cursar un máster, doutorouse en física de partículas na UCM en 2012, cunha tese realizada no grupo de física de partículas do CIEMAT sobre os procesos electrodébiles no decaemento muónico no experimento CMS do LHC. Tamén coordinou en España o proxecto de innovación educativa Creations, financiado pola Unión Europea.

É membro xunto con Santi García Cremades, Ana Payo Payo e Eduardo Sáenz de Cabezón do grupo Big Van Ciencia dende 2013, dedicados aos eventos de divulgación científica. Participa en Órbita Laika, un late night show de divulgación científica e humor emitido na canle española La 2. É o creador das canles de YouTube Date un Voltio, Date un Vlog, Date un Show, Date un Mí e Date un Short. Polos seus monólogos de humor científico para o concurso Famelab recibiu o Premio Aquae 2015. Foi descrito por Infolibre como «o maior divulgador científico español na rede». Dende febreiro de 2021, presenta xunto á Gata de Schrödinger o programa Whaat!? Tu cómo lo ves, da plataforma dixital de RTVE, Playz.

Dende outubro de 2025, forma parte da Orde Civil de Afonso X o Sabio, coa categoría de Encomenda con Placa.

Libros de divulgación En solitario

Santaolalla, Javier (2022) ¿Qué hace un bosón como tú en un Big Bang como este? p.404 ISBN 9788413843902

Como coautor

Notas

Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade das Palmas de Gran Canaria Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Físicos de España