Egidio Piñeiro Conde, nado na aldea de Tabernas, parroquia de San Vitoiro da Mezquita, no concello de Allariz (en moitas fontes cometen o erro de ubicalo en Taboadela), o 22 de agosto de 1913,No PARES (Portal de Archivos Españoles) e no Banc de la Memòria Democràtica, aparece a data de 13 de agosto. e falecido no ano 2004 en París foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Militou na CNT, participando en numerosas batallas ao longo da Guerra Civil, como a Batalla do Ebro. Durante a contenda resultou ferido nunha perna.

Formou parte do grupo de refuxiados españois en Francia que, despois de pasar polos campos, se uniron ás Compañías de Traballadores Estranxeiros. Pertenceu a CTE número 4, formada o 30 de abril de 1939. Foi detido polos alemáns o 22 de maio de 1940, pouco despois de ter comezado a invasión de Francia, nos arredores de París.

Chegou ao campo de Mauthausen, desde o Stalag XII D de Tréveris o 25 de xaneiro de 1941. Asignáronlle o número 3512 primeiro, e cando o trasladaron a Gusen, o 30 de xuño de 1941, o número 49020.

No campo foi clasificado como xastre, en prisión preventiva (preso político español), de relixión católica. Traballou primeiro na canteira, ata que foi empregado como xastre, o que lle salvou a vida. Co seu traballo puido conseguir un pouco máis de comida, que compartía cos seus compañeiros.

Confeccionou a roupa dun dos equipos de fútbol que xogaban os domingos, día de descanso. O equipo dos presos españois, liderados por Saturnino Navazo, contaba con dous galegos da comarca de Ferrol: Marcelino Pardal (Xelo) e Antonio Cendán Rodríguez. miniatura|Foto de catro camaradas durante a Guerra Civil española. Egidio á dereita. Egidio foi liberado o 5 de maio de 1945, instalándose en París. Casou cunha muller que pertencera á Resistencia, que faleceu pouco despois. Co diñeiro que gañaba como xastre axudaba aos seus irmáns, que vivían en Galicia. A finais dos anos 50 regresou a España. Coñeceu a Encarnación Moreda e casou con ela en Ourense. Pouco despois instaláronse en París. Tiveron dous fillos, e en 1969 levaron a vivir con eles a unha irmá e a súa filla, Mariló. Para Mariló, Egidio foi un pai e lémbrao con moito cariño.

Coma moitos outros deportados, Egidio foi recoñecido como refuxiado polo goberno francés e recibiu unha pensión do goberno alemán.

Na súa casa gardaba numerosos documentos e publicacións sobre os campos nazis. Pensaba que era necesario contar o que alí acontecera, para que non se repita, e así o facía sempre que tivo ocasión, ata súa morte no ano 2004.

Notas miniatura|Ficha de Egidio cando o trasladaron a Gusen

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Galegos de Francia Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa