José Gervasio Artigas, nado en Montevideo, Vicerreinado do Perú, o 19 de xuño de 1764 e finado en Quinta Ybyray, Asunción do Paraguai, o 23 de setembro de 1850, foi un político, militar e estadista riopratense que liderou a Revolución Oriental, actuou durante a Guerra da Independencia das Provincias Unidas do Río da Prata e destacouse por ser o heraldo do federalismo no que hoxe son Uruguai e Arxentina.

Recibiu os títulos de «Jefe de los Orientales» e «Protector de los Pueblos Libres».

Polas súas actuacións, é lembrado en ambas as marxes do Río da Prata. En Uruguai é o heroe nacional e o máximo prócer do proceso independentista, e é considerado o Pai da Patria. Na Arxentina houbo un proceso de revisionismo sobre a figura de Artigas, a partir do cal se lle recoñece tamén como prócer da independencia nacional. Traxectoria José Artigas tivo unha actuación destacada nas Guerras de independencia hispanoamericanas e no predominio das ideas republicanas sobre as monárquicas. Loitou sucesivamente contra o Imperio español e o Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve e contra os unitarios das Provincias Unidas do Río da Prata, tanto de Buenos Aires como de Montevideo.alt=|miniatura|Primeiro monumento erixido en honra a José Artigas, San José de Mayo, Uruguai.|esquerda

Artigas era oriental, entendéndose como tal ao habitante da Banda Oriental das Provincias Unidas do Río da Prata, composta polo que actualmente é Uruguai e por parte do actual estado brasileiro de Río Grande do Sur. De maneira directa, as súas loitas orientáronse á conformación da liga Federal, organizada estritamente sobre os principios da república e do federalismo. Á liga Federal uníronse, ademais da Provincia Oriental, as provincias de Córdoba, Correntes, Entre Ríos, Santa Fe e os pobos de Misións baixo o control de Andresito Guazurarí, todas elas parte actual da República Arxentina, por entón as Provincias Unidas do Río da Prata.

A súa defensa da autonomía federal das provincias contribuíu de maneira indirecta á independencia de España dos territorios que conformaron a liga Federal. En 1828, ao concluír a Guerra do Brasil, parte da Provincia Oriental —o norte mantívose en poder brasileiro— transformouse nun estado independente do resto das provincias arxentinas xurdindo o Estado Oriental do Uruguai. É dicir que Artigas xamais considerou á Banda Oriental como país independente, nin nunca a chamou Uruguai.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Arquivo Artigas. BIBLIOTECA NACIONAL URUGUAI. TOMOS 1 a 36.

José Artigas "Protector dos pobos libres"

"Artigas da Selva". Clases sociais na Fronteira. Carlos Maggi.

Categoría:Políticos do Uruguai Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Finados en 1850 Categoría:Nados en 1764 Categoría:Militares do Uruguai Categoría:Historia do Uruguai Categoría:Historia do Perú Categoría:Historia do Brasil Categoría:Historia da Arxentina