Katharina Fritsch, nada en Essen (Renania do Norte-Westfalia) o 14 de febreiro de 1956, é unha escultora alemá. Vive e traballa en Düsseldorf.Katharina Fritsch, con texto de Bice Curiger, Colonia, Verlag der Buchhandlung Walther König, 2006 (Alemán)
Traxectoria O seu pai era arquitecto. Inicialmente estudou Historia e Historia da Arte en Münster. En 1977 abandonou estes estudos e trasladouse á Academia de Arte de Düsseldorf, onde foi alumna de Fritz Schwegler. Posteriormente dedicouse á pintura. As súas primeiras obras escultóricas datan de 1979. Rematou os seus estudos artísticos en 1984.
O recoñecemento internacional chegou coa exposición Von hier aus – Zwei Monate neue deutsche Kunst in Düsseldorf (“Desde aquí – Dous meses de nova arte alemá en Düsseldorf”), realizada en 1984. A súa escultura dun elefante foi presentada por primeira vez no Museo Kaiser Wilhelm de Krefeld en 1987; na Bel Etage do K21 en 2002, e na 59ª Bienal de Venecia en 2022. A obra xerou debates en revistas de arte europeas e norteamericanas, contribuíndo a que as súas esculturas a tamaño real se convertesen nun dos seus sinais de identidade. Unha Madonna de Lourdes, instalada en 1987 na zona peonil de Münster foi considerada provocadora por algúns observadores. En 1995 representou Alemaña na Bienal de Venecia e, en 2001, realizou unha exposición na Tate Gallery, en Londres.
Fritsch é membro da Deutscher Künstlerbund e, desde 2010, membro de pleno dereito da Academia de Ciencias e Artes de Renania do Norte-Westfalia.
Foi profesora de Escultura na Academia de Arte de Münster (Hochschule für Bildende Künste) a partir de 2001. Entre o semestre de verán de 2010 e 2019 ocupou unha cátedra de Escultura na Academia de Arte de Düsseldorf.Katharina Fritsch, Artnet (Inglés)
Obra As esculturas de Fritsch oscilan entre o tamaño real e o sobredimensionado, e caracterízanse por cores monocromáticas que reducen a obra á súa forma esencial. Nunha entrevista ao Westdeutsche Zeitung o 25 de xullo de 2011, a artista describiu o seu concepto como “unha cousa, unha cor”. A cor funciona como elemento de identificación, portadora de atmosfera e metáfora de determinadas calidades. Esta aproximación retira individualidade á escultura e dálle un carácter case mercantil. Os seus temas recorren con frecuencia ao universo do consumo (na década de 1980) e ás referencias a soños e mitos (na década de 1990).Katharina Fritsch, Matthew Marks Gallery (Inglés)
A súa obra Warengestell mit Madonnen (Madonas Amarelas), creada entre 1987 e 1989, forma parte da colección da Staatsgalerie Stuttgart.
O seu traballo Hahn/Cock, o Galo (2013), instalado na Trafalgar Square de Londres, acadou ampla notoriedade.
Notas
Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia