Silvia Belén Fraga Santos, nada en Suíza o 21 de novembro de 1977, é unha política e avogada galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en Dereito. Formou parte das Xuventudes Socialistas de Galicia e foi secretaria xeral da Agrupación de Cerceda, así como secretaria de Política Institucional da Executiva Nacional. Foi elixida concelleira en Cerceda en 2003 e pasou a ser tenente de alcalde, manténdose tralas eleccións de 2007. En 2008 foi elixida secretaria xeral do PSdeG en Cerceda. Foi elixida deputada nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009. En novembro de 2010 renunciou como concelleira en Cerceda, dado que o entón secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, promoveu a directriz de optar por un só cargo público e ela decidiu centrarse na política autonómica. Porén, foi excluída das listas das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 por Pachi Vázquez, pese a que recibiu apoio de numerosas agrupacións para continuar.
Tras deixa-la política autonómica pasou a centrarse na súa carreira profesional como xurista, aínda que mantivo cargos orgánicos no PSdeG como Secretaria Xeral en Cerceda, e en decembro de 2021 pasou a ser Secretaria de Igualdade da Executiva Nacional do PSdeG. En decembro de 2025 renunciou como secretaria de Igualdade, en desacordo coa xestión do partido nos presuntos casos de acoso de José Tomé.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cerceda
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Suíza Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos de Suíza