Dorothy McEwen Kildall, coñecida a miúdo como Dorothy McEwen, (1943–2005) foi unha pioneira estadounidense da industria microinformática. En 1974, cofundou Digital Research, a empresa que desenvolveu a primeira linguaxe de programación, o primeiro compilador e o primeiro sistema operativo amplamente utilizado para microordenadores.
Traxectória Dorothy McEwen naceu o 3 de marzo de 1943 en Seattle, Washington, EUA. Era filla de Marion Strout e Gene McEwen.
Despois do instituto, asistiu á Universidade de Washington. Uns anos despois, abandonou os estudos e durante os seguintes anos traballou para manter o seu marido mentres el ía á mesma universidade.
Carreira profesional McEwen Kildall cofundou Digital Research, onde xestionou o marketing e as operacións diarias da empresa. En 1980, participou no intento infrutuoso de IBM de licenciar CP/M para o ordenador persoal IBM.
Vida persoal McEwen casou co seu compañeiro de instituto Gary Kildall. En 1969, a parella mudouse á península de Monterey e ela deu a luz ao seu fillo Scott Kildall en 1969 e á súa filla Kristin Kildall en 1971.
McEwen faleceu en Carmel Valley o 31 de xaneiro de 2005 por mor dun cancro cerebral.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gary Kildall Digital Research CP/M
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Alumnos da Universidade de Washington Categoría:Finados por tumor cerebral Categoría:Digital Research