A Mancomunidade Hábitat Rural é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.​​​​​

Concellos integrados

A mancomunidade Hábitat Rural está formada polos seguintes concellos:

El Perdigón Pajares de la Lampreana San Agustín del Pozo Villalba de la Lampreana Villafáfila

Sede

Os Órganos de Goberno e Administración terán a súa Sede na localidade de Pajares de la Lampreana.

Fins

Establécese como fin principal da Mancomunidade a realización de todas aquelas actividades que resulten precisas para a promoción, xestión, desenvolvemento e execución do ARI, consistente na rehabilitación, de forma integrada, dos conxuntos urbanos e áreas rurais de interese arquitectónico, histórico, artístico, cultural, ambiental ou social, e que fosen declaradas así polo órgano competente da comunidade autónoma, previo acordo co Concello afectado.

A xestión do ARI, que corresponderalle á Mancomunidade, como ente aglutinador dos intereses municipais, poderá comprender as seguintes actuacións:

As operacións de rehabilitación de edificios e vivendas, tales como cubertas, fachadas, habitabilidade interior, instalacións, accesos comúns etc. A execución da urbanización ou reurbanización do ámbito considerado, comprendendo incluso as obras de demolición. Aqueloutras que se deriven do propio proxecto ARI.

Estrutura orgánica

O goberno, administración e representación da Mancomunidade corresponden aos seguintes órganos:​

Presidente. Vicepresidente. Asemblea de Concelleiros. Consello Directivo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora

Ligazóns externas

Mancomunidades da web da Deputación de Zamora

Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora​