Francisco Domínguez Guerrero, nado en Salvaleón (Badaxoz) o 28 de novembro de 1883, foi un mestre e político español.

Traxectoria Nado en Salvaleón o 28 de novembro de 1883. Mestre da Vilavella (A Mezquita) dende 1916.El Magisterio Español, 18-11-1916, p. 15. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como mestre. Foi detido e ingresou na prisión do Partido de Verín o 14 de marzo de 1937. Foi trasladado á Prisión Provincial de Ourense o 25 de marzo. Xulgado por rebelión militar en consello de guerra o 8 de xullo de 1937 na causa 166/37 contra Florencio Esteban de Frutos e corenta máis, foi condenado a reclusión perpetua. Como consecuencia do proceso de depuración foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos, con traslado forzoso a outra provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza, en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Cumpriu condena na prisión de Ourense de onde saíu en liberdade condicional o 20 de agosto de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Vida persoal Foi pai de Santiago Domínguez Pérez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Expediente persoal do recluso Francisco Domínguez Guerrero Ficha en memoria da Coruña Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (D)

Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Badaxoz Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en ano descoñecido