Isabel Freire Bazarra, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1960, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira na Cadena SER. Foi directora e presentadora dos programas De cabo a cabo, A toda radio, Escola de calor e Noticias ás dúas na Radio Galega e xefa de programas da Radio Galega (1994-2002). Presentou o programa Sombras de crime da TVG. Foi subdirectora de comunicación da CRTVG. Colaborou en O Correo Galego.
Obras Literatura infanto-xuvenil Glub contra Blef, 1998. Un susto para Glub, 2000. Glub, o incrible peixe-bala, 2006. Sopa de marsopa, 2008.
Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, 2014. Obras colectivas Narradoras, 2000. Narradio, 2003.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en galegos
Ficha en Hablamos de libros
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1960