José Antonio García Alonso, coñecido como Covelo, nado en Vigo o 2 de xuño de 1963, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na posición de porteiro.

Traxectoria Como xogador Formouse nas categorías inferiores do Atlántida de Matamá e do Alondras Club de Fútbol. En 1979 foi fichado polo equipo xuvenil do Fútbol Club Barcelona e en 1983 pasou a formar parte do Barcelona Atlètic. Foi porteiro suplente no primeiro equipo en dous períodos, 1985-1986 e 1987-1988. Durante esas campañas formou parte do equipo vencedor da Copa da Liga e da Copa do Rei.

En 1989 asinou polo RCD Mallorca, equipo co que debutou na Primeira División. No club balear alternou nas prazas de segundo e terceiro porteiro suplente, sumando un total de 11 partidos. En 1992 fichou polo Atlético Marbella da Segunda División. Xogou 29 encontros durante dúas tempadas no club, a segunda delas como porteiro titular. En 1994 pasou a formar parte do Real Murcia da Segunda División B, retirándose como xogador profesional un ano despois.

Como adestrador Covelo traballou no Celta de Vigo como adestrador de porteiros. Como parte do cadro técnico da Escola Deportiva Val Miñor, participou na formación de Dro Fernández.

Vida persoal O seu alcume futbolístico provén do concello de orixe da súa familia, Covelo.

Covelo mantiña unha grande amizade con Tito Vilanova, con quen compartiu formación en La Masia.

Palmarés FC Barcelona Copa da Liga: 1986 Copa do Rei: 1987/88

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Covelo en BDFutbol

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Atlético Marbella Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Gardametas de fútbol