Francisco Boga Manselle, foi un político galego.
Traxectoria Coa constitución do concello en marzo de 1920 resultou elixido alcalde de Dodro en substitución de Ramón Ferreirós Manselle. En abril de 1922 volveuse a constituír o concello continuando como alcalde. En outubro de 1923, como consecuencia do golpe de Estado que deu paso á ditadura de Primo de Rivera, celebrouse a constitución dunha nova corporación municipal, presidindo a mesa na sesión de investidura o comandante da Garda Civil Eusebio Valero, como delegado da autoridade militar superior, resultando escollido Francisco Vázquez Torres como alcalde.
Notas
Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración