Lucas Díaz Parcero, nado en Xenebra o 10 de maio de 1996, é un futbolista galego que xoga na posición de gardameta. O seu equipo actual é o Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela. O 11 de maio de 2014, con tan só 18 anos, debutou co primeiro equipo nun partido de Segunda División B contra o Logroñés. En 2015 foi traspasado ao Agrupación Estudiantil e en 2016 foi promovido ao seu primeiro equipo na Terceira División, sendo titular habitual durante esa tempada. O 10 de xullo de 2018 asinou polo Real Oviedo Vetusta.

O 19 de xullo de 2019 comezou un novo contrato co Rayo Cantabria. O 24 de agosto dese mesmo ano, debido ás lesións de Iván Crespo e Luca Zidane, tivo lugar o seu debut profesional na Segunda División, nun partido do Racing de Santander contra o Almería. En agosto de 2020, tras o descenso do Racing, renovou contrato até 2022 e foi promovido permanentemente ao primeiro equipo.

Durante a tempada 2021/22 da Primeira División RFEF foi gardameta suplente de Miquel Parera e contribuíu ao regreso do club cántabro á Segunda División. No verán de 2022 asinou polo Atlético Baleares da Primeira Federación. En xuño de 2023 fichou polo Club Deportivo Lugo, tamén na terceira categoría.

O 28 de xullo de 2024, Lucas Díaz asinou un contrato dun ano co Fuenlabrada. En xullo de 2025 pasou a formar parte do Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.

Vida persoal Naceu en Xenebra, fillo de pais galegos. Con poucos anos de idade trasladouse de Suíza a Galicia e asentouse en Santiago de Compostela, onde creceu e comezou a súa carreira deportiva. Por estes motivos, considérase galego e santiagués.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lucas Díaz en BDFutbol Lucas Díaz en LaPreferente.com Lucas Díaz en Soccerway

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol