Filostéfano (en latín Philostephanus, en grego antigo Φιλοστέφανος) foi un escritor grego de xeografía e historia que traballou en Alexandría, pero naceu en Cirene no século -III. Traxectoria Era amigo ou discípulo de Calímaco na época de Tolomeo II Filadelfo, arredor do ano -249. Algúns autores identifícano cun poeta cómico da Comedia antiga ou media que tiña o mesmo nome, pero non se sabe con certeza.

Escribiu, entre outras obras:

Περὶ παραδόξων ποταμω̂ν ("Perí paradóxon potamón" Sobre os ríos marabillosos), que aparece citado por Ateneo de Naucratis. Περὶ τω̂ν ἐν τῃ̂ ̓Ασίᾳ πόλεων ("Perí ton en té Asía póleon" Sobre as cidades de Asia), citado por Elio Harpocración. Περὶ νήσων ("Perí nesón" Sobre as illas), tamén mencionado por Harpocración. Τὰ ἠπειρωτική (Tá Epeirotiká" Sobre o Epiro ), Harpocración. Περὶ εὑρημάτων ("Perí heuremáton" Sobre os inventos ), do que fala Plinio o Vello. Ὑπομνήματα ("Ypomnémata", Memorias históricas ), que quizais non era un título senón o tema, mencionado por Plutarco.

Clemente de Alexandría di que escribiu unha obra sobre Chipre, que quizais podería incluírse na obra Sobre as illas2.Philostephanus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 322.. Notas

Véxase tamén Bibliografía Karl Wilhelm Ludwig Müller. Fragmenta historicorum Graecorum: vol. 3 . París: Firmin Didot, 1849, p. 28-34.

Categoría:Escritores de Libia Categoría:Poetas de Exipto Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade