Mencía é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co aragonés e co castelán. A súa orixe é descoñecida.
En xaneiro de 2023 existían 570 mulleres en Galicia co nome Mencía, cunha media de idade de 11 anos.Nome Mencía na Web do Instituto Galego de Estatística.
Historia do nome É un nome antigo. Está presente na historiografía en figuras como a de Mencía de Andrade (século XVI), unha rica burguesa compostelá que pagou as obras da capela da Azucena, tamén coñecida como ‘capela de dona Mencía’, da catedral de Santiago.
Mencía noutras linguas Aragonés: MencíaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Mencía Éuscaro: Mentzia / Maintzia / Mantzia Portugués: Mecia / Mencia
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos casteláns