miniatura|Sistema de Infotaiment do Genesis G90 RS4 SDS cunha Head Unit adaptada ao deseño do cadro de instrumentos.

O Sistema de entretemento do coche, ou nos seus acrónimos en inglés ICE (In-car entertainment) , ou IVI (in-vehicle infotainment), é calquera forma de interacción tecnolóxica mentres se transfire información ao condutor dun coche de xeito seguro e accesíbel. Existen diferentes tipos de información que se lle comunican ao condutor, como a información do estado do vehículo, información de seguridade, información de navegación, información de infoentretenimento e información do ambiente exterior. A prestación combinada de información con funcións de entretemento é a razón pola que se lle chama sistema de infoentretenimento. Un dos compoñentes máis importantes do IVI é o cadro de instrumentos, onde se lle mostra ao condutor información crucial do estado do vehículo, e que normalmente está situado detrás do volante. O segundo compoñente máis importante do IVI é a consola central, que convencionalmente se atopa no centro da parte dianteira do vehículo e que normalmente contén información de navegación, información de infoentretenimento e información do ambiente exterior, xunto con outros controis secundarios para axustar o volume da radio ou controlar o aire acondicionado para regular a temperatura, entre outros.Safety Aspects of In-Vehicle Infotainment Systems: A Systematic Literature Review from 2012 to 2023

Descrición miniatura|Información sobre a ruta na consola central. miniatura|Información da velocidade do vehículo e da ruta a seguir no Head Up Display do BMW iX. Moitos estudos actuais céntranse en mellorar certos aspectos da seguridade do condutor ao desenvolver Sistemas de Infoentretenimento no Vehículo (IVIS). O compromiso cos IVIS definiuse como a cantidade e calidade dos recursos mentais orientados á tarefa. A desatención prodúcese cando o condutor está preocupado por un pensamento internalizado, como escribir unha mensaxe de texto ou escoller unha canción, mentres que a distracción é o desvío da atención fóra da actividade de condución.

Semellante á carga cognitiva, a carga visual defínese como realizar unha tarefa secundaria visualmente esixente á vez que se conduce, o que resulta nunha distribución do tempo dos recursos visuais entre as dúas tarefas. Outro concepto relacionado coa seguridade é o momento interruptible, que representa unha fracción de tempo durante a cal o condutor pode recibir unha información sen ter que sacrificar a seguridade.

Por outra banda, a interacción xestual prodúcese cando o usuario interactúa co dispositivo informático a través dun conxunto de xestos ben definidos, que poden ser calquera forma de movemento ou estado corporal, pero que normalmente son só xestos manuais.

A interacción por voz ou a interface de usuario de voz (VUI) permite aos condutores interactuar cun sistema a través de comandos de voz ou falados.

Outra interface é a pantalla de visualización frontal (HUD), unha pantalla electrónica de información que se mostra no campo visual superior do condutor para que este a poida ver sen desviar a vista da estrada. Ademais, a HUD de realidade aumentada (AR) ofrece a vista exterior das condicións de tráfico diante do vehículo con información virtual (augmentacións) para o condutor.

A interacción destas interfaces e interaccións dá lugar a interfaces multimodais, que procesan dous ou máis modos de entrada do usuario de forma combinada e coordinada.

O último concepto que afecta á seguridade é a ludificación, a aplicación de elementos de xogo e técnicas de deseño de xogos dixitais a problemas non lúdicos, como a condución. ADAS

Historia da tecnoloxía Década de 1980: Estes sistemas centrábanse case exclusivamente na navegación

Toyota Crown (1982 - Xapón) : Foi o primeiro en incorporar unha pantalla CRT (de tubo) a bordo. Ofrecía información sobre o estado do vehículo, unha guía de rutas baseada en mapas almacenados en casete e unha función de computadora persoal básica. Era unha opción extremadamente custosa e avanzada para a súa época.

Década de 1990: O GPS comercial fai viable a navegación por satélite nos coches

Mazda Eunos Cosmo (1990 - Xapón) : Considerado o primeiro vehículo do mundo en ter un sistema de navegación GPS integrado de serie.

BMW Serie 7 (E38) (1994 - Europa): Primeiro coche europeo en ofrecer un sistema de navegación GPS integrado. A pantalla saía do cadro de instrumentos e os mapas almacenábanse en CD-ROM.

Década de 2000: A Integración Multimedia

BMW Serie 7 (E65) (2001) : Aínda que foi moi criticado pola súa complexidade inicial, o iDrive foi pioneiro en consolidar centos de funcións do vehículo e do infoentretenimento nun único controlador central (unha rodiña), sentando as bases dos sistemas actuais.

Lexus Enform: marcou a estandarización das pantallas a cor e a integración de controis de son, clima e teléfono nunha única interface.

Notas

Categoría:Tecnoloxías do automóbil