Eduardo Malvido Rúa, nado en Allariz cara a 1913, foi un fontaneiro e político galego.

Traxectoria Fontaneiro en Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Segovia en novembro de 1938. Ingresou na Prisión Provincial de Segovia, de onde pasou o 15 de decembro á Colonia Penitenciaria de El Dueso. En maio de 1942 pasou a Donostia e estivo preso no Destacamento Penal de Irún.A pico y pala: trabajos forzosos en Gipuzkoa. Destacamento Penal de Irun (1942-1944) Saíu en liberdade condicional da Prisión Provincial de San Sebastián en marzo de 1944.BOE, 27-3-1944, p. 2502. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en decembro de 1945.BOE, 15-10-1949, p. 2221.

Detido novamente en febreiro de 1945, foi procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Antonio Soto Magariños, Luis Alonso Freijanes, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo. O 21 de decembro de 1945 saíu en liberdade condicional. Volveu ser detido en Ourense en marzo de 1946. Foi trasladado á prisión da Coruña. Xulgado en consello de guerra por rebelión, foi condenado a 12 anos. Cumpriu condena na Prisión de Burgos, onde ingresou o 23 de otubro. Saíu en liberdade condicional o 31 de outubro de 1951.BOE, 21-11-1951, p. 5224. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido