A galguiñeira de Sturm (Botaurus sturmii) é unha especie de ave da familia Ardeidae, que está amplamente distribuída na África subsahariana evitando só as rexións moi áridas. Esta especie, segundo as distintas clasificacións, é situada no xénero Botaurus ou no Ixobrychus.
Taxonomía A galguiñeira de Sturm foi descrita formalmente en 1827 polo naturalista alemán Johann Georg Wagler co nome binomial Ardea sturmii e asignoulle como localidade tipo Senegambia. O adxectivo específico escolleuse en honra do artista ornitolóxico alemán Johann Sturm, quen proporcionou a Wagler un espécime. Despois, a especie foi anteriormente situada no xénero Ixobrychus. Porén, estudos de xenética molecular atoparon que este xénero era parafilético con respecto a Botaurus. Para resolver a non-monofilia do xénero Ixobrychus, este foi fusionado co xénero Botaurus, o cal tiña prioridade. Non obstante, nalgunhas obras segue figurando no xénero Ixobrychus, como por exemplo nas páxinas web da IUCN, co nome Ixobrychus sturmii. A especie é considerada monotípica, é dicir, non se lle recoñecen subespecies.
Distribución Atópase en Angola, Benin, Botsuana, Burkina Faso, Burundi, Camerún, República Centroafricana, Chad, República do Congo, República Democrática do Congo, Costa do Marfil, Guinea Ecuatorial, Eswatini, Etiopía, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea, Kenya, Liberia, Malaui, Mali, Mauritania, Mozambique, Namibia, Níxer, Nixeria, Ruanda, Senegal, Serra Leoa, Somalia, Suráfrica, España (nas illas Canarias), Sudán, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabwe. É unha ave vagante rara no Paleártico occidental (que comprende Europa, Norte de África e Oriente Próximo), con varios avistamentos nas illas Canarias. Observáronse dous individuos na illa de Fuerteventura no verán de 2017.
Descrición
É unha pequena galguiñeira do mesmo tamaño que a galguiñeira común, coa cal está estreitamente emparentada.
Conservación A IUCN designa o seu estado de conservación como Preocupación menor (pouco preocupante).
Notas
Categoría:Ardeidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1827