Manuel Ramos Ferreiro, nado nas Barrosas cara a 1911 e finado nas Pontes de García Rodriguez o 5 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Ramos Fernández. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, coa desculpa de consideralo sospeitoso do asasinato de Manuel Fraga Tojeiro en 1935, un grupo de falanxistas asaltou a súa casa e matárono a paus. Tamén mataron ao seu pai, a súa nai Juana Ferreiro Rodríguez e o seu irmán José Ramos Ferreiro. En 1941 abriuse un proceso xudicial por homicidio contra Narciso Corral Ocampo, xefe da Falanxe e un dos responsables do masacre, que finalmente foi sobresido.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Sergio Guerra Vilaboy: "La represión fascista en As Pontes en 1936" 23/8/2014. A represión fascista nas Pontes en 1936
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936