Manuel Lamela Bautista, nado en Padrendo (Río Caldo, Lobios) o 29 de novembro de 1945, é un poeta e escritor galego.

Traxectoria Dende sempre mantivo inquedanza polo mundo da cultura. Na época xuvenil emigrou a Portugal onde residía o pai, complementando alí a súa formación; e, entón, xa fixo parte do GET, Grupo Experimental de Teatro, formado na súa maioría por estudantes do Liceu Nacional de Oeiras. Máis tarde, con outros compañeiros fundou a CALIDUM – Clube de Autores Minhoto / Galaicos, na que mantén responsabilidades directivas.

Durante máis de trinta anos colaborou ininterrompidamente como correspondente do xornal rexional transfronteirizo Geresão, publicando, así mesmo, artigos noutros medios. Tamén, durante oito anos, tivo, como concelleiro do Municipio de Lobios, a responsabilidade da área de cultura, nos gobernos de Antonio Ferreira López.

Participou no libro e no filme documental Historia dunha emigración difusa, sobre a emigración galega a Lisboa, do autor e editor Xan Leira. Vida persoal

O historiador, escritor e político galego José Lamela Bautista, foi seu irmán.

Obras Estraloques (Murabellos, 2025).

Premios e recoñecementos O seu poema FE, foi premiado nun concurso escolar co gallo do Día das Letras Galegas. 3º premio no Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro 2015, co poema "Contrabandista de sentimentos", ao que se presentou co pseudónimo de Manuel Dopico.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en Lobios Categoría:Nados en 1945