Leo Moreno (de nome artístico Melo), nado o 19 de xaneiro de 1989 en Perpiñán, Francia, é un cantante, creador de contido e activista hispano-francés. Acadou popularidade a partir do ano 2010 grazas á súa canle de Youtube YellowMellow, no que combinaba humor, música e reflexións persoais, converténdose nun dos pioneiros da escena youtuber hispana. A súa carreira musical iniciou en 2015 co sinxelo Phantom Limb, que chegou ao número un en iTunes España, consolidando o seu camiño como artista independente.

Alén da súa faceta artística, Leo é unha voz visíbel en temas relacionados coa identidade de xénero, a diversidade sexual e os dereitos do colectivo LGBT+. Identifícase como persoa trans e empregou as súas plataformas para visibilizar o seu proceso persoal e apoiar diversas causas sociais.

Biografía Leo Moreno naceu en Perpiñán o 19 de xaneiro de 1989. Á idade de seis anos, a súa familia trasladouse a Barcelona, cidade na que residiu durante a maior parte da súa vida. Cursou estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Mataró; porén, abandonou a carreira para dedicarse á creación de contidos en YouTube centrados no humor e na música. En 2016 acadou o millón de seguidores na súa canle principal.

En 2023 obtivo un nomeamento aos Premios Ídolo, na categoría Stay True. Ese mesmo ano foi incluído entre as 100 persoas máis influentes nas redes sociais na lista Forbes Best Content Creators.

Discografía

Sinxelos

Phantom Limb (2015) All I Think About (2016) One More River (2018) Sad Girls (2018) Watch Love Die (2018)

Álbums

Colours (2018)

Notas

Categoría:Activistas LGBT de España Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Perpiñán Categoría:Personalidades de YouTube