Arnau Comas Feixas, nado en Cassà de la Selva o 11 de abril de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División. É irmán do tamén futbolista Oriol Comas, xogador do Ourense CF.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Girona e do Barcelona, ingresando neste último aos 10 anos. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club e na tempada 2017/18 proclamouse co equipo xuvenil campión do seu grupo da División de Honra e da Liga Xuvenil da UEFA.
Na tempada 2019/20 xogou cedido no Olot, co que debutou na Segunda División B ás ordes de Raúl Garrido. A continuación regresou ao Barcelona e pasou a capitanear o filial de García Pimienta, tamén en Segunda B. Formou parella de centrais con Mika Mármol, e durante os seguintes dous anos disputou un total de 55 partidos oficiais, todos agás un como titular.
En 2022, despois de 12 anos no Barça, deixou o club catalán e puxo rumbo ao FC Basel suízo, co que asinou un contrato de catro anos. Debutou co equipo de Alexander Frei o 21 de xullo ante o Crusaders irlandés en St. Jakob-Park, nun partido da segunda rolda de clasificación para a Conference League da UEFA. Tres días despois, xogou o seu primeiro encontro na Super Liga, nun empate 1-1 contra o Servette. O 23 de outubro do mesmo ano marcou dous goles na vitoria do Basel por 3-1 sobre o Winterthur. Titular indiscutible, mediada a tempada 2022/23 levaba xa disputados 25 partidos oficiais, pero en xaneiro sufriu unha lesión muscular durante un adestramento en Marbella que o afastou dos terreos de xogo no que restaba de campaña.
Recuperouse a tempo para o comezo da tempada 2023/24 co novo adestrador Timo Schultz, pero o 23 de outubro de 2023 sufriu unha lesión no menisco lateral do xeonllo esquerdo nun partido contra o Servette, que precisou dunha operación cirúrxica e que o deixou varios meses de baixa. Reapareceu para disputar os dous últimos partidos da liga. Na tempada 2024/25 volveu padecer outra lesión, desta vez nun ombreiro, perdendo boa parte da primeira metade da competición.
O 31 de xaneiro de 2025 foi cedido ao Eibar, da Segunda División. Tardou un mes en facerse cun posto no equipo vasco, pero acabou aferrándose á titularidade, formando parella con Anaitz Arbilla. Con todo, despois de nove encontros, todos como titular, ata que recaeu da súa lesión de ombreiro, tendo que pasar de novo polo quirófano.
O 4 de xullo asinou un contrato de tres anos co Deportivo da Coruña, da mesma categoría. Debutou nun partido amigable contra o Ourense no Couto, encontro no que se enfrontou por primeira vez na súa carreira ao seu irmán Oriol. Viviu unha tempada irregular, sen conseguir ter continuidade nas aliñacións de Antonio Hidalgo. Disputou un total de 26 encontros entre liga e Copa do Rei e conseguiu o ascenso á Primeira División.
Selección española O 18 de novembro de 2022 debutou coa selección española sub-21 ante o Xapón.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaEuropaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesOlot2019/20Segunda B16010----170Barcelona B2020/21Segunda B252----102522021/221ª RFEF290------290Total club542000010542Basel2022/23Super Liga13210120--2602023/24Super Liga911020--1202024/25Super Liga3020----50Total club2534014000433Eibar2024/25Segunda9000----90Deportivo da Coruña2025/26Segunda24020----260Total carreira128570140302375
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Xirona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores da UE Olot Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21