Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Ponce de León Jesús Pérez Bustos Ponce de León, nado en Aranjuez cara a 1902 e finado en Burgos o 17 de marzo de 1948, foi un político español.

Traxectoria Fillo de Antonio Pérez Bustos e Purificación Ponce de León. Empregado en Vigo. Era secretario de Axitación e Propaganda do comité local do Partido Comunista de España de Vigo. Detido en Vigo en febreiro de 1945 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Mariano Otero Castelao, Manuel Montero Malvar, Jesús Balboa López, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo, encartados na causa 94/45. Ingresou na prisión da Coruña o 17 de maio de 1945, saíndo en liberdade condicional o 21 de decembro dese ano. Volveu ser detido en Vigo o 6 de marzo de 1946, pasou á prisión da Coruña o 12 de abril. Condenado a doce anos. Ingresou na prisión de Burgos o 23 de outubro.Registro-Indice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo general de la Administración Finou na prisión de Burgos o 17 de marzo de 1948.Diario de Burgos, 17-3-1948, p. 2.

Vida persoal Casou con María Sienes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Aranjuez

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1948