Alain-Fournier, pseudónimo de Henri-Alban Fournier, nado en La Chapelle-d'Angillon, Cher, o 3 de outubro de 1886 e finado en combate en Saint-Remy-la-Calonne, Mosa, o 22 de setembro de 1914, foi un escritor francés, autor dunha única novela publicada en vida, O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes, 1913), obra de fondo autobiográfico, na que combinou a irrealidade coa acción, que exerceu unha notable influencia noutros escritores da súa época.Diciopedia do século 21 e Enciclopedia Galega Universal.
Obra Le Grand Meaulnes
O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes), é unha novela publicada en 1913 pola editorial Émile-Paul Frères. Anteriormente fora serializada na revista literaria La Nouvelle Revue française, de xullo a outubro do mesmo ano."Le Centenaire du Grand Meaulnes" AJRAF .
A novela evoca dúas parellas con destinos entrelazados: por unha banda, Augustin Meaulnes, quen, durante unha voda á que asiste por casualidade, namórase de Yvonne de Galais; por outra banda Frantz de Galais, irmán de Yvonne, que se casará con Valentine Blondeau, pero ela deixa ó seu prometido o día da voda. Augustin Meaulnes quere atopar a Yvonne e tenta reunir a Frantz e Valentine. O mellor amigo de Meaulnes é François, o narrador da novela.
A novela é a obra literaria francesa máis traducida e lida do mundo, xusto despois de O Principiño (1943) de Saint-Exupéry."Auteur d'un livre unique, Alain-Fournier dans la Pléiade" (9/3/2020). Le Point . A finais do século XX, vendera máis de catro millóns de copias en formato rústica.
Edicións en galego Foi publicada en lingua galega en tradución de Camiño Noia: en 1988 na colección Xabarín de XeraisEdición de 1988 de Xerais na Biblioteca da Tradución Galega. e en 2010 por Edicións MorganteEdición de 2010 de Morgante na Biblioteca da Tradución Galega. (Rinoceronte Editora). Traballo recoñecido co Premio de Tradución Plácido Castro en 2011."Lourenzo Maroño e Elena Sherevera e Camiño Noia, Premios de Tradución Plácido Castro" (26/11/2012). Praza.gal.
Outras obras de Alain-Fournier (todas publicadas postumamente) Miracles, 1924. Recompilación de versos e prosas publicados en diferentes revistas. Correspondance avec Jacques Rivière, 1926. Lettres à sa famille (1905-1914), 1929. Lettres au petit B., 1930. La Femme empoisonnée, 1944. Charles Péguy – Alain-Fournier, Correspondance, Paysages d’une amitié, 1973. La peinture, le cœur et l’esprit. Correspondance inédite (1907-1924), 1986. Colombe Blanchet – Esquisses d’un second roman inédit, 1990.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Val do Loira, inspiración para Le Grand Meaulnes. Literatura francesa Primeira guerra mundial Ligazóns externas Association des Amis de Jacques Rivière et d'Alain-Fournier (AJRAF) . Service historique de la Défense .
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados no departamento de Cher Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Militares da primeira guerra mundial Categoría:Novelistas de Francia