Juan Clímaco Milleiro Sampedro, nado en Moaña o 8 de abril de 1912 e finado en Pontevedra o 12 de xullo de 1937, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Pertencía a unha familia orixinaria de Redondela. Militou moi novo nas Xuventudes Socialistas. Formou parte da comisión do PSOE para debater o texto do estatuto de Galicia. Traballou na Oficina de Augas do concello de Pontevedra. Foi detido en outubro de 1934. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dos defensores da legalidade republicana no Goberno Civil de Pontevedra e foi detido. Suspendido como funcionario do concello de Pontevedra o 15 de agosto,El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7. foi destituído o 28 de novembro de 1936. Xulgado na causa 174/37, o fallo do tribunal condeouno a cadea perpetua, pero tres vocais do tribunal, entre eles o poñente da causa Ramón Rivero de Aguilar, formularon un voto particular pois consideran a Milleiro líder destacado do grupo e coidaban que debía ser condenado a morte. O Auditor de División situouse na liña dos votos particulares e foi condenado a morte o 15 de xuño de 1937. Foi fusilado o 12 de xullo na avenida de Buenos Aires, un pouco antes de Monte Porreiro, xunto con Estanislao Graña Soliño.El Diario de Pontevedra, 12-7-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Juan Milleiro Sampedro, un defensor da legalidade republicana.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1937