Vårgårda é un concello sueco no condado de Västra Götaland, que anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é a localidade de Vårgårda, que está a uns 65 km ao nordés de Gotemburgo.

O concello caracterízase claramente polo val do río Säveån, que serpentea por grandes partes do municipio. Vårgårda pode dividirse en tres áreas: a paisaxe forestal, as chairas, e as turbeiras.

A actividade económica esta dominada pola industria manufactureira e polo sector servizos.

Dende a fundación do concello en 1971 a poboación medrou e en decembro de 2024 Vårgårda tiña 12 474 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland