Euclides de Megara () foi un filósofo grego nativo de MégaraHai autores que o fan nativo de Xela. Estudou as doutrinas dos eleáticos e logo foi discípulo de Sócrates. Este reprochoulle a súa facilidade para disputas sutís e caprichosas. Despois da morte de Sócrates en -399, refuxiouse en Mégara xunto con outros discípulos do falecido mestre, onde fundou unha escola (Escola de Mégara) na que se distinguiu por ensinar a dialéctica, baseada nas ensinanzas dos eleáticos e Sócrates. xeralmente chamada escola megárica, que ás veces se ocupa da dialéctica e outras da erística. Escribiu seis diálogos que non se conservan. Segundo a tradición, Platón, pouco despois da morte de Sócrates, viviu con el en Megara durante tres anos. Ten certa relevancia como filósofo socrático menor.
Traxectoria esquerda|miniatura| Situación de Mégara Euclides naceu en MégaraDióxenes Laercio, II. 106; Cicerón, Academica, II. 42; Aulo Xelio, VII. 10. 1-4; Platón, Fedón, 59B-C; Estrabón, IX. 1. 8; malia que, segundo di Dióxenes Laercio, algúns o consideraban "nativo de Xela igual que Cornelio Alexandre Polihistor", pero trasladouse a Atenas, onde foi alumno de Sócrates. Segundo Aulo Xelio, estaba tan ansioso por escoitar as ensinanzas de Sócrates que durante unha época na que á xente de Mégara lle prohibían a entrada de homes a Atenas, Euclides entrou pola noite disfrazado de mullerAulo Xelio, VII. 10. 1-4. No Teeteto de Platón, represéntase como o autor da conversación entre Sócrates e o mozo matemático Teeteto. Tamén sabemos por Dióxenes que Sócrates tería criticado a Euclides pola súa tendencia ás disputas erísticasDiogenes Laercio, II. 30. Estivo presente na morte de Sócrates, en -399Platón, Fedón, 59B-C, e despois da cal regresou a Megara, onde ofreceu acollida a Platón e outros seguidores de SócratesDióxenes Laercio, II. 106; III. 6.
Na escola de filosofía que fundou en Mégara destacaron estudantes como ÍctiasDióxenes Laercio, II. 112, Eubúlides de MiletoDióxenes Laercio, II. 108, ClinómacoSuída, Sócrates; cf. Dióxenes Laercio, II. 112 e Trasímaco de CorintoDióxenes Laercio, II. 113. Este Trasímaco foi o mestre de Estilpón, que foi o mestre de Zenón, o fundador do estoicismo .
Filosofía esquerda|miniatura| Euclides de Mégara vestido de muller para escoitar as ensinanzas de Sócrates en Atenas, cadro de Domenico Maroli, c . 1650. Euclides foi o autor de seis diálogos, os seus títulos en latín son: Lamprias, Aeschines, Phoenix, Crito, Alcibiades e Amatorius. A principal fonte de información sobre estas obras é a que nos ofrece Dióxenes LaercioDióxenes Laercio, II. 106-8 . As ideas de Euclides eran unha síntese das ideas da escola eleática e das doutrinas socráticas. Sócrates defendía a idea de que o obxectivo principal e superior do coñecemento era coñecer o ben, mentres que os eleáticos propuxeron o estudo da arque como principal propósito da filosofía. Euclides mesturou ambas as ideas proclamando que o ben era o coñecemento do ser. Aínda máis, este ben é o único que existe aínda que teña distintos nomes, pero ao final toda a realidade que coñecemos é unha soa cousa. Esta esencia única que formou o universo fora nomeada polos eleatas coa palabra Un, pero Euclides tamén a asocia con outros nomes "Razón", "Deus", "Mente", "Sabedoría", etcDióxenes Laercio, II. 106; Cicerón, Academica, II. 42. Esta era a verdadeira esencia do ser, que tamén era eterna e inmutábelCicerón, Academica, II. 42 . A idea dun deus universal permitiu a Euclides rexeitar todo o que non era bo, porque dicía que o ben cubría todas as cousas da Terra. Euclides tamén adoptou a idea socrática de que o coñecemento é virtude e que o único xeito de coñecer e comprender este mundo inmutábel é a través da filosofía. Euclides cría que as propias virtudes eran simplemente o coñecemento do único ben ou ser. Como dixo, "o ben é o Un, pero podemos chamalo de diferentes maneiras, ás veces como sabedoría, outras chamámoslle Deus, outras razón"Dióxenes Laercio, II. 106, e tamén dixo "o contrario do ben non existe".
Euclides tamén mostrou interese en cuestións de lóxica. El e os seus seguidores utilizaron o diálogo e a retórica como métodos para demostrar as súas ideas. O método erístico parte do desprestixio de ideas contrarias ás propostas e así, indirectamente, chegando por eliminación e contraste, dáse como boas as ideas que defenden un mesmo punto de vista. Para atacar unha proba, centráronse nas conclusións máis que nas premisasDióxenes Laercio, II. 107 , é dicir, tentaron refutar aos seus opoñentes sacando consecuencias absurdas das súas conclusiónsWilliam Kneale, Martha Kneale, (1984), The Development of Logic, páx 8. Oxford University Press. Tamén usou analoxías para refutar argumentos. Os que son en certa medida os seus herdeiros, os estoicos, crearon unha escola de lóxica tan importante como a peripatética de Aristóteles.
Notas
Ligazóns externas http://www.pensament.com/filoxarxa/filoxarxa/nou0jar.htm.
Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -IV Categoría:Personalidades de Mégara na Antigüidade