Mikel Herrán Subiñas, coñecido en redes como PutoMikel, é un arqueólogo, artista drag, escritor e youtubeiro de Zaragoza.

Traxectoria Mikel Herrán é arqueólogo e posúe un máster en Arqueoloxía do Mundo Árabe e Islámico. Estudou un doutoramento na Universidade de Leicester.

Deuse a coñecer ante o público a través dos seus vídeos de contido histórico na plataforma YouTube, analizando a historia occidental desde unha perspectiva queer e decolonial, e tratando temas como a percepción que se tiña do xénero na sociedade viquinga. A través das redes sociais amosa estudos históricos do ámbito académico a un público máis xeral.

En 2022 publicou o seu primeiro libro, La historia no es la que es, es la que te cuentan, publicada pola Editorial Planeta, na que trata a historia como unha narración subxectiva e a forma na que esta se constrúe.

En xuño de 2023 acudiu como invitado ao podcast Movidas Varias, presentado pola historietista Quan Zhou Wu.

En 2024 publicou Sodomitas, vagas y maleantes: Historia de la España desviada de Atapuerca a Chueca. Dous anos despois saíu o seu terceiro ensaio, Sobrevivir en el Medievo. Crónica de un viajero por Spania, no que desmonta a clásica identificación da Idade Media como unha época escura, sucia, ignorante e violenta.

Obras La historia no es la que es: Es la que te cuentan (2022) Sodomitas, vagas y maleantes: Historia de la España desviada de Atapuerca a Chueca (2024) Sobrevivir en el Medievo. Crónica de un viajero por Spania (2026)

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Escritores LGTB de España Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Alumnos da Universidade de Leicester