Autobiography é un filme indonesio de 2022 escrito e dirixido por Makbul Mubarak, no seu debut como director. Está protagonizado por Kevin Ardilova e Arswendy Bening Swara. O filme tivo a súa estrea mundial na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia durante a sección Horizons o 2 de setembro de 2022, onde gañou o Premio FIPRESCI da Federación Internacional de Críticos de Cinema ao mellor filme en seccións distintas da principal. Autobiography gañou o único premio na categoría de mellor guión orixinal entre outros sete nomeamentos no Festival de Cinema de Indonesia de 2022. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Kevin Ardilova como Rakib Arswendy Bening Swara como Purnawinata Yusuf Mahardika como Agus Lukman Sardi como Soewito Yudi Ahmad Tajudin como Nala Rukman Rosadi como Amir Haru Sandra como Andra Gunawan Maryanto como traballador da construción
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Singapur Categoría:Filmes de Filipinas Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes sobre eleccións