A tempada 2008-2009 da Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina foi a primeira edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo en categoría feminina en España. A competición disputouse entre os meses de outubro de 2008 e febreiro de 2009 e tomaron parte na mesma un total de cinco equipos. Ao finalizar a liga o equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo de gañar todos os partidos.

Equipos Se ben inicialmente o campionato ía contar con catro clubs (Afer Gasteiz, SAD Majadahonda, Aramón Jaca e CG Puigcerdà) que organizarían cada un deles un torneo, logo da terceira xornada uníronse as Panteras de Valladolid, un equipo que procedía do hóckey liña.

Todos os equipos pertencían a distintas comunidades autónomas, estando representadas Aragón, Castela e León, Cataluña, a Comunidade de Madrid e o País Vasco.

NomeCidadeAfer Gasteiz20px VitoriaSAD Majadahonda MajadahondaAramón Jaca JacaValladolid Panteras ValladolidCG Puigcerdà Puigcerdà

Liga regular Clasificación O equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo da liga regular logo de gañar os seus 10 partidos e conseguir un total de 30 puntos. O equipo castelán-leonés foi ademais o equipo máis goleador con 94 goles (29 goles máis que o SAD Majadahonda, segundo máximo goleador) e o menos goleado con tan só sete goles en contra, para unha diferenza de goles de +87.

Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Valladolid Panteras 10 10 0 0 94 7 +87 302Afer Gasteiz 10 6 0 4 63 44 +19 183SAD Majadahonda 10 5 0 5 65 38 +27 154CG Puigcerdà 10 3 0 7 23 61 -38 95Aramón Jaca 10 1 0 9 20 115 -95 3

Torneos A primeira xornada disputouse entre os días 18 e 19 de outubro de 2008 en Majadahonda cos seguintes catro enfrontamentos:

Local Marcador Visitante Parciais Jaca 2-26 Gasteiz (1-17, 1-6, 0-13) Majadahonda 9-4 Gasteiz (5-3, 2-1, 2-0) Jaca 4-6 Puigcerdà (1-1, 1-2, 2-3) Majadahonda 10-1 Puigcerdà (3-0, 5-1, 2-0)

Entre os días 1 e 2 de novembro de 2008 disputouse a segunda xornada en Puigcerdà, no que se disputaron catro novos enfrontamentos:

Local Marcador Visitante Parciais Gasteiz 5-2 Majadahonda (1-2, 1-0, 3-0) Puigcerdà 0-10 Gasteiz (0-2, 0-2, 0-6) Majadahonda 13-1 Jaca (4-0, 4-1, 5-0) Puigcerdà 11-3 Jaca (4-0, 3-2, 4-1)

A terceira xornada disputouse en Vitoria entre os días 29 e 30 de novembro de 2008 cos seguintes resultados:

Local Marcador Visitante Parciais Jaca 0-23 Majadahonda (0-6, 0-11, 1-6) Gasteiz 5-2 Jaca (4-0, 0-1, 1-1) Puigcerdà 0-4 Majadahonda (0-1, 0-1, 0-2) Gasteiz 4-2 Puigcerdà (1-1, 2-0, 1-1)

Logo da terceira xornalda as Valladolid Panteras uníronse á competición, disputando catro partidos no mes de xaneiro de 2009:

Data Local Marcador Visitante Parciais 03/01/2009 Gasteiz 1-11 Valladolid (0-4, 1-4, 0-3) 04/01/2009 Gasteiz 1-9 Valladolid (0-2, 0-5, 1-2) 10/01/2009 Puigcerdà 0-9 Valladolid (0-6, 0-2, 0-1) 11/01/2009 Puigcerdà 0-10 Valladolid (0-4, 0-3, 0-3)

Jaca acolleu a cuarta xornada os días 7 e 8 de febreiro de 2009. Se ben se disputaron cinco partidos, o enfrontamento entre o equipo local e o Majadahonda durou 33 minutos e 46 segundos en lugar dos 45 minutos previstos a causa da falta de tempo de xeo. Os resultados foron os seguintes:

Local Marcador Visitante Gasteiz 7-0 Puigcerdà Valladolid 4-0 Majadahonda Jaca 0-3 Puigcerdà Valladolid 7-0 Gasteiz Jaca 5-1 Majadahonda

Logo da cuarta xornada o equipo de Valladolid tivo que xogar dous encontros fronte o Majadahonda os días 14 e 15 de febreiro, e outros dous contra o Jaca o día 21 de febreiro. As castelán-leonesas gañaron os catro encontros:

Data Local Marcador Visitante Parciais 14/02/2009 Majadahonda 2-5 Valladolid (1-3, 1-2, 0-0) 15/02/2009 Majadahonda 1-12 Valladolid (0-6, 1-4, 0-2) 21/02/2009 Jaca 1-11 Valladolid (0-5, 1-4, 0-2) 21/02/2009 Jaca 1-16 Valladolid (1-4, 0-6, 0-6)

Anotadoras Ao final da competición Alejandra Rodríguez, das Valladolid Panteras, foi a máxima anotadora da liga con 35 puntos (20+15). A máxima goleadora foi María Guerra, do SAD Majadahonda, mentres que Lucía Ruiz dominou a estatística de asistencias con 17.

Xogadora Equipo  G   A  Pts Alejandra Rodríguez Valladolid Panteras 20 15 35 María Guerra SAD Majadahonda 24 5 29 Leticia Abrisqueta Afer Gasteiz 22 3 25 Lucía Ruiz Valladolid Panteras 8 17 25 Ainhoa Merino SAD Majadahonda 21 3 24

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Federación Española de Deportes de Hielo

Categoría:Tempadas da Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina Categoría:Hóckey sobre xeo en 2008 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2009