A Asociación Cultural e Deportiva Dorna é unha institución emblemática da Illa de Arousa, con relevantes achegas á cultura galega en canto á promoción e conservación da literatura, tradición e cultura marítima e deporte. Dorna xogou un papel crucial na vida cultural da Illa de Arousa, abarcando diversas disciplinas culturais e deportivas que van da música e danza tradicional até a navegación tradicional (en dornas e outras embarcacións tradicionais da Ría de Arousa maiores) e seccións deportivas como o fútbol gaélico, baloncesto ou xadrez.

É a maior asociación da illa de Arousa, con cerca de 1000 socios incluíndo todas as súas seccións.

Historia A idea dunha entidade que preservase e promovese a cultura arousá e galega materializouse coa fundación dunha asociación nos anos 70, impulsada polo activismo cultural e social da época.

O Club Scorpio 73, a asociación precursora que foi o xermolo de Dorna, naceu no ano 1973, fundada por unha xeración de rapaces que comezaban o ensino secundario, arredor dos quince anos. Esa mesma xeración de mozos da Arousa e algúns estudantes universitarios que entón eran os que se encargaron de facer a reconversión da que xurdiría a Asociación Cultural Dorna, aprobando os seus estatutos en 1978.

Revistas Desde a década de 1970, a asociación publicou unha revista autoeditada, de carácter variado, sobre temas locais e culturais en xeral. En 1979 a chamada Revista Dorna dedicou na súa edición de xuño un artigo para a tratar a situación e as reivindicacións relativas á construción dunha ponte que conectase a Illa de Arousa co continente, propoñendo a creación de varias comisións con distintos obxectivos, dende a negociación oficial até accións de publicidade e mobilización, incluíndo a posibilidade de folgas e manifestacións. A coordinación entre estas comisións buscaría unir esforzos cara á consecución do estudo e construción da ponte, un obxectivo común e urxente. A revista tamén se fixo eco da Festa da Ponte, un evento coa participación dos membros da asociación, e destacados membros da música e a cultura galegas, como Milladoiro entre outros. A ponte da illa de Arousa materializouse na década de 1980, sendo inaugurada o 14 de setembro de 1985, constituíndo o que até esa data era a segunda maior inversión do Goberno Galego despois das instalacións da CRTVG.

No mes de maio de 1981 a Asociación Cultural fundou a revista Dorna, Expresión poética galega, que nos números seguintes pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela incluíndo composicións, críticas ou recensión de autores emerxentes ou consolidados.

Desde 2005, volveuse editar unha Revista Dorna con contidos culturais, históricos e naturais maiormente vinculados á Arousa, dedicando o primeiro ao 20º aniversario da ponte.

Aniversarios En novembro de 2008, realizouse o evento “30º Aniversario da A.C.D. Dorna”, incluíndo exposicións de fotografía, exhibición de embarcacións tradicionais e de baile moderno, partidos de baloncesto base da CB Dorna, proxección dos filmes Unha viaxe pola Arousa, Arousa 1969, Conflicto na ponte e Volta á Arousa en vela, un concerto do grupo Leixaprén, e un festival de música e baile galego coa participación de grupos de Moaña, Meis e Cambados, ademais dun serán promovido pola sección de música e baile da A.C.D. Dorna.

Deporte A mediados dos anos 80, a asociación cultural pasa a incluír seccións deportivas como fútbol sala, piragüismo, baloncesto, xadrez etc.

Seccións

Club de Piragüismo O Club de Piragüismo Illa de Arousa foi fundado en 1982 baixo o nome de San Xulián (patrón da Illa). Nos seus primeiros anos, o club competiu sen adestrador en eventos provinciais, o que requiría viaxar en barco até a apertura da ponte en 1985. Ao integrarse na AC Dorna, o club mantivo autonomía pero colaborando estreitamente coa asociación para a captación de fondos e a organización de eventos. Esta etapa caracterizouse pola consolidación do club, que culminou no ano 1995 coa vitoria no Campionato de España de Clubs cadete e o subcampionato en júnior, ademais de conseguir numerosas medallas en competicións galegas, españolas e europeas, chegando a formar parte das seleccións de Galiza e de España.

Fútbol Gaélico: Dorna F.G.

Establecido en 2014...

Baloncesto Fundado en 1985...

Xadrez Fundado na década de 1980, o club mantivo unha escola e equipos de distintas idades e categorías, participou en eventos de partidas simultáneas, xadrez na rúa etc.

Escola de Navegación Tradicional Dorna Aínda que a ACD Dorna levaba a cabo desde o seu nacemento na década de 1970 actividades relacionadas coa navegación e o coñecemento das embarcacións tradicionais, a Escola de Navegación Tradicional (ENT) foi inaugurada oficialmente en xuño de 2001. Desde entón levou adiante numerosos eventos, entre eles a colaboración para a organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Culturmar, no ano 2003. Promoveu tamén iniciativas destinadas a facer modificacións normativas e lexislativas para a protección efectiva da navegación tradicional, as embarcacións e a carpintería de ribeira arousá.

Conta con máis de 50 embarcacións, incluíndo dornas, galeóns e outros barcos tradicionais, que son restauradas e empregadas en réxime de 'apadriñamento'. En 2023 acusaron a Portos de ter nula sensibilidade pola conservación do patrimonio marítimo, e mesmo de exercer o "terrorismo patrimonial" e "acoso institucional".

Música e danza Entre as actividades levadas a cabo por esta sección están a escola e grupo de gaitas, acordeóns, pandeireta e percusión tradicional galega, baile tradicional e baile moderno.

Audiovisual A ACD Dorna levou adiante diversas actividades audiovisuais, como cursos de edición, e proxeccións de cine e documentais. A asociación colaborou na elaboración de videofilmes, elaborando, baixo a dirección de Daniel Otero, a peza documental Unha viaxe pola Arousa. A gravación de imaxes durante a catástrofe do Prestige deu lugar a outro documental, e esas imaxes foron difundidas no filme Carcamáns de Marcos Nine, e nun programa especial de El escarabajo verde de TVE. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Cultura de Galiza Deporte en Galiza Federación de Asociacións Culturais Galegas

Ligazóns externas

Escola de Navegación Tradicional Dorna en Facebook C. B. Dorna en Facebook Blog de Sito Vázquez, un dos fundadores de Dorna

Categoría:Asociacións culturais de Galicia Dorna Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes Categoría:A Illa de Arousa