O Instituto Juan de Mariana (IJM) é un think tank de orientación liberal, socio de Atlas Network, con sede en Madrid, España que foi fundado no ano 2005. Os seus obxectivos son, de acordo cos seus estatutos, "dar a coñecer ao gran público español, europeo e latinoamericano, os beneficios que para os intereses xerais proporcionan a propiedade privada, a libre iniciativa empresarial e a limitación do ámbito de actuación dos poderes públicos".

Traxectoria O instituto tomou o seu nome do representante tardío da Escola de Salamanca, Juan de Mariana. A organización patrocina o Mestrado de Economía da Escola austríaca na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

Entre os seus membros fundadores atópase o seu actual presidente, Gabriel Calzada, reitor da Universidade das Hespérides e ex-reitor da Universidade Francisco Marroquín; Juan Ramón Rallo, Raquel Merino, Daniel Rodríguez Herrera, subdirector do xornal Libertad Digital e webmaster de Liberalismo.org; José Carlos Rodríguez e Gonzalo Melián, vicerreitor da Universidade das Hespérides, director de OMMA Business School Madrid e ex-director fundador do centro en Madrid da Universidade Francisco Marroquín.

O Instituto Juan de Mariana afirma non aceptar subvencións nin calquera outro tipo de subsidios públicos a fin de manter a súa independencia do poder político. Finánciase por medio de doazóns privadas, ben sexa dos seus socios, membros ou de benfeitores coma empresas ou outros think tanks.

Actividades O instituto organiza con regularidade conferencias, seminarios e cursos durante o ano lectivo. Unha das súas actividades estrela é a semana da liberdade, que comprende o Congreso de Economía Austriaca, a feira do libro liberal Liberacción e a Cea da Liberdade.

Tamén organiza a universidade de verán, que se ten celebrado en Aranjuez, Lanzarote e en San Lorenzo de El Escorial.

Dende o ano 2007, entrégase o Premio Juan de Mariana a personalidades destacadas na defensa e promoción de valores relacionados co pensamento liberal e a liberdade individual. En 2024, o gañador do premio foi o Presidente da República Arxentina, Javier Milei.

Premios No 2008, o Instituto recibiu o premio Templeton Freedom Award.

En 2009, foi galardoado co Fisher Venture Grant outorgado polo Instituto Hayek".

Notas

Categoría:Asociacións de España Categoría:Think tanks