, tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.

Shiyan 1 e 2 Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.

Shiyan 3 e 4 Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.

Shiyan 5 Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.

Shiyan 6 1, 2 e 3 Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.

Shiyan 7 Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.

Shiyan 9 Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.

Shiyan 10 1 e 2 O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.

Shiyan 11 Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.

Shiyan 12 1 e 2 Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.

Shiyan 13 Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.

Shiyan 14 Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.

Shiyan 15 Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.

Shiyan 16A e 16B Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.

Shiyan 17 Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.

Shiyan 19 Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.

Shiyan 20A, 20B e 20C Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.

Shiyan 21 Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.

Shiyan 22A e 22B Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.

Shiyan 23 Shiyan 23 foi lanzado mediante un foguete CZ-4C o 11 de maio de 2024. Está adicado á monitorización da contorna espacial.

Shiyan 24A, 24B, 24C-1, 24C-2 e 24C-3 Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.

Shiyan 25 Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.

Shiyan 28B O Shiyan 28B-01 foi lanzado a órbita o 3 de xullo de 2025 e o Shiyan 28B-02 o 17 de agosto dese mesmo ano, ambos a bordo de foguetes Longa Marcha 4C, como demostradores tecnolóxicos para estudar en especial cómo monitorizar a contorna espacial.

Shiyan 29 Shiyan 29 foi lanzado o 5 de setembro de 2025 mediante un foguete Longa Marcha 3C. É un demostrador tecnolóxico para a monitorización da contorna espacial.

Shiyan 30A, 30B, 30C e 30D Os Shiyan 30A e 30B foron lanzados conxuntamente o 29 de setembro de 2025 mentres que os 30C e 30D o foron o 12 de marzo de 2026, os catro mediante foguetes Longa Marcha 2D. Oficialmente trátase de satélites de observación terrestre.

Shiyan 31 Shiyan 31 foi lanzado o 13 de outubro de 2025 mediante un foguete Longa Marcha 2D como demostrador tecnolóxico para a observación da Terra.

Shiyan 32-1, 32-2 e 32-3 Os tres satélites Shiyan 32 foron lanzados nun mesmo foguete CZ-11H o 8 de novembro de 2025 cunha misión de demostración tecnolóxica de carácter descoñecido.

Shiyan 33 Shiyan 33 foi lanzado mediante un foguete CZ-2C o 27 de marzo de 2026 cunha misión de demostración tecnolóxica de carácter descoñecido.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasShiyan 118 de abril de 2004CZ-2CÉxitoShiyan 218 de novembro de 2004CZ-2CÉxitoShiyan 35 de novembro de 2008CZ-2DÉxitoShiyan 420 de novembro de 2011CZ-2DÉxitoShiyan 7A19 de xullo de 2013CZ-4CÉxitoShiyan 7B19 de xullo de 2013CZ-4CÉxitoShiyan 525 de novembro de 2013CZ-2DÉxitoShiyan 6 119 de novembro de 2018CZ-2DÉxitoShiyan 6 24 de xullo de 2020CZ-2DÉxitoShiyan 911 de marzo de 2021CZ-7AÉxitoShiyan 6 38 de abril de 2021CZ-4BÉxitoShiyan 10 127 de setembro de 2021CZ-3BÉxitoShiyan 1124 de novembro de 2021KZ-1AÉxitoShiyan 12 123 de decembro de 2021CZ-7AÉxitoShiyan 12 223 de decembro de 2021CZ-7AÉxitoShiyan 1317 de xaneiro de 2022CZ-2DÉxitoShiyan 1424 de setembro de 2022KZ-1AÉxitoShiyan 1524 de setembro de 2022KZ-1AÉxitoShiyan 16A26 de setembro de 2022CZ-6ÉxitoShiyan 16B26 de setembro de 2022CZ-6ÉxitoShiyan 1726 de setembro de 2022CZ-6ÉxitoShiyan 20C20 de outubro de 2022CZ-2DÉxitoShiyan 20A12 de decembro de 2022CZ-4CÉxitoShiyan 20B12 de decembro de 2022CZ-4CÉxitoShiyan 2116 de decembro de 2022CZ-11ÉxitoShiyan 10 229 de decembro de 2022CZ-3BÉxitoShiyan 22A13 de xaneiro de 2023CZ-2DÉxitoShiyan 22B13 de xaneiro de 2023CZ-2DÉxitoShiyan 1915 de marzo de 2023CZ-11ÉxitoShiyan 24A7 de xuño de 2023Lijian-1ÉxitoShiyan 24AB7 de xuño de 2023Lijian-1ÉxitoShiyan 2520 de xuño de 2023CZ-6ÉxitoShiyan 24C-125 de decembro de 2023CZ-11HFalloShiyan 24C-225 de decembro de 2023CZ-11HÉxitoShiyan 24C-325 de decembro de 2023CZ-11HÉxitoShiyan 2311 de maio de 2024CZ-4CÉxitoShiyan 28B-013 de xullo de 2025CZ-4CÉxitoShiyan 28B-0217 de agosto de 2025CZ-4CÉxitoShiyan 295 de setembro de 2025CZ-3CÉxitoShiyan 30A29 de setembro de 2025CZ-2DÉxitoShiyan 30B29 de setembro de 2025CZ-2DÉxitoShiyan 3113 de outubro de 2025CZ-2DÉxitoShiyan 32-18 de novembro de 2025CZ-11HÉxitoShiyan 32-28 de novembro de 2025CZ-11HÉxitoShiyan 32-28 de novembro de 2025CZ-11HÉxitoShiyan 30C12 de marzo de 2026CZ-2DÉxitoShiyan 30D12 de marzo de 2026CZ-2DÉxitoShiyan 3327 de marzo de 2026CZ-2CÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2C CZ-2D CZ-3C CZ-4B CZ-4C CZ-7A CZ-3B KZ 1A CZ-6 CZ-11 CZ-11H

Lijian-1

Categoría:Satélites artificiais