Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story é un filme da Samoa Americana de 2013 escrito e dirixido por Zena Iese, rodado e ambientado na Samoa Americana. Rodouse principalmente en lingua samoana, e o título quere dicir "es incrible".
Sinopse Jack namórase de Angel, mais é rexeitado. Diana, unha faʻafafine, ensínalle a Jack como namorala.
Produción O director e produtor Zena Iese traballara anteriormente nunha curtametraxe, Heart to Heart – Fatu O Le Alofa. A rodaxe realizouse en Pago Pago, e a cerimonia ʻava rodouse no Estadio Veterans Memorial. O filme foi financiado parcialmente a través de FundRazr.
Estrea Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story estreouse no Auditorio Gobernador H. Rex Lee, en Pago Pago.
Notas
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua samoana Categoría:Filmes de Samoa Categoría:Filmes ambientados na Samoa Americana Categoría:Filmes rodados na Samoa Americana Categoría:Filmes sobre temática LGBT