O somalo (plural: somali) foi unha unidade monetaria establecida polo Fideicomiso das Nacións Unidas en Somalia, baixo a administración fiduciaria italiana nese territorio, a partir de 1950. Dividíase en 100 céntimos (centesimi)."Somalo". En Münzen Lexikon (Reppa.de).

En 1962 foi substituído polo xilin somalí.

Historia Finalizada a segunda guerra mundial, as Nacións Unidas puxeron en novembro de 1949 o territorio que anetriormente fora a Somalia Italiana baixo a administración dun fideicomiso italiano, e o 27 de xaneiro de 1950 o Estado italiano recibiu a súa administración financeira.Symes, P. "The Somalo and the Cassa per la Circolazione Monetaria della Somalia". En The Banknotes of Somalia – Part 1.

Así as cousas, determinouse emitir moeda para a súa circulación neste territorio. Logo de rexeitar a implantación da lira italiana ou unha moeda vinculada a ela, estableceuse unha unidade nova, denominada somalo.

A Orde Nº 14 do 16 de maio de 1950 creaba esta nova unidade co valor de 0,124414 gramos de ouro fino, o que o facía equivalente ao anterior xilin da África Oriental.

Os deseños das moedas e dos billetes emitidos establecéronse nas Ordes Nº 15, do 18 de maio, e Nº 44, do 22 de xullo de 1950.

Logo da unificación dos territorios ata entón controlados por Italia e o Reino Unido, e a conseguinte independencia de Somalia, a antiga Caixa para a Circulación Monetaria en Somalia (Cassa per la Circolazione Monetaria della Somalia) —que actuaba como entidade emisora—, transformouse no Banco Nacional de Somalia, e o somalo seguiu en uso durante un tempo na parte do novo estado antes controlada por Italia. Finalmente, o 15 de decembro de 1962 comezou o cambio cara á nova moeda nacional, o xilin somalí, e a partir do 31 de decembro de 1963 o somalo deixou de ser un medio válido de pagamento.Symes, P. "The National Bank of Somalia". En The Banknotes of Somalia – Part 2.

Moedas Todas as moedas amosan a data de 1950, foron cuñadas na Zecca dello Stato, en Roma, e están deseñadas e gravadas polo artista Giuseppe Romagnoli. ImaxeDatosTiraxeAnversoReversoAliaxe1 cent."1 Centesimo". Numista.com94x94px94x94px20 mm3 g4.000.000Cabeza de elefante.SOMALIAValor facial.ROMA e data cristiá en italiano.ROMA e data musulmá en árabe.Latón(Cu 95%, Zn 5%)5 cent."5 Centesimi". Numista.com111x111px111x111px25,1 mm5,86 g6.800.00010 cent."10 Centesimi". Numista.com126x126px126x126px30 mm10 g7.400.00050 cent."50 Centesimi". Numista.com99x99px99x99px21,2 mm3,8 g1.800.000Leopardo.SOMALIABillón(24% Ag; 50% Cu; 10% Zn; 10% Ni).1 somalo"1 Somalo". Numista.com114x114px114x114px26,7 mm7,6 g11.480.000

Billetes En 1950 a Caixa para a Circulación Monetaria da Somalia emitiu unha serie de billetes cos valores faciais de 1, 5, 10, 20 e 100 somali. Todos estes billetes foron impresos en Roma, no Istituto Poligrafico dello Stato.

O billete dun somalo amosa a particularidade de que no seu anverso expresa o valor dun xeito erróneo, en plural ("somali") no canto do singular ("somalo"), que si que se utiliza no reverso. Quizais por ese motivo, e tamén pola coincidencia en valor coa moeda dun somalo, finalmente este billete non chegou a pórse en circulación e foron moi poucos os exemplares emitidos, para fins oficiais.

En canto ao billete de 5 somali, logo da emisión da primeira serie en 1950 xurdiu a necesidade dunha segunda serie, dado que ao ser o máis utilizado a súa deterioración era superior. O Decreto Nº 7 do 22 de maio de 1951 autorizou esta segunda serie, que retoma a cor, os deseños e o tamaño do anterior billete dun somalo, ao non ser este posto en circulación. ValoreImaxesDimensiónsCoresAnversoReverso1 somalo"Italian Somaliland: 1 somalo". Banknote.ws140px140px126 x 73 mmMarrónBeixeCabeza de leopardo.Ornamentos clásicos.5 somali(1950) "Italian Somaliland: 5 somali (1950)". Banknote.ws140px140px158 x 98 mmAzulVerdeOrnamentos somalís.Ornamentos romanos.5 somali(1951) "Italian Somaliland: 5 somali (1951)". Banknote.ws140px140px126 x 73 mmMarrónGrisCabeza de leopardo.Ornamentos clásicos.10 somali"Italian Somaliland: 10 somali". Banknote.ws140px140px158 x 98 mmVerdeOrnamentos somalís.Ornamentos romanos20 somali"Italian Somaliland: 20 somali". Banknote.ws140px140px158 x 98 mmMarrónBeixeOrnamentos somalís.Ornamentos romanos100 somali"Italian Somaliland: 100 somali". Banknote.ws140px140px165 x 100 mmMarrónBeixeCabeza de león.Palacio de Goberno en Mogadixo.

Notas

Categoría:Moedas de Somalia Categoría:Moedas fóra de curso