Tito Quincio Flaminino (en latín: Titus Quintius Flamininus) foi un político da gens Quincia, orixinaria de Alba Longa, na República Romana que foi elixido cónsul no 150 a. C. xunto a Manio Acilio Balbo.Broughton (1951), p. 456Smith (1870), p. 166 Era fillo de Tito Quincio Flaminino, cónsul en 198 a. C. e heroe da Segunda guerra macedónica, ou do seu irmán máis novo, Lucio Quíncio Flaminino, que foi cónsul en 192 a.C. Seu fillo, tamén chamado Tito Quincio Flaminino, foi cónsul no 123 a. C.
Traxectoria Foi nomeado áugur no 167 a.C. Nese mesmo ano, serviu como legado do rei tracio, Cotys, para recibir o pago do rescate dos reféns e do fillo do rei.Lívio, Ab Urbe Condita XLV 42,11 En 153 a. C. ou antes, converteuse en pretor e foi elixido cónsul no ano 150 a. C. con Manio Acílio Balbo.
Durante o seu consulado, se construíu un templo dedicado á deusa Pietas (Piedade) no Foro Holitorio no lugar onde houbera unha antiga prisión. Anos despois foi demolido para permitir a construción do Teatro de Marcelo. O seu consulado foi mencionado por CicerónCícerón, De senectute 5; Cartas a Ático XII 5 e Plinio.Plinio; Naturalis Historia, VII 36
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de cónsules romanos na República
Ligazóns externas
«Digital Prosopography of the Roman Republic» (DPRR): QUIN1449 T. Quinctius (46) T. f. T. n. Flamininus King's College Londres. 2022. (en inglés)
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Gens Quincia