Plasma A foi o nome dunha serie de dous satélites de proba soviéticos.

Características Os satélites Plasma A foron dous satélites de demostración tecnolóxica para probar os sistemas dos satélites de recoñecemento nucleares US-AM, sucesores dos US-A e que nunca chegaron a entrar en servizo. Os Plasma A usaban o mesmo bus que os US-A pero co novo reactor nuclear Topaz a usar nos US-AM, que utilizaba conversión por termoemisión para xerar ata 10 kW de potencia eléctrica. Os satélites non tiñan as antenas de radar dos satélites en produción, pero si a maior parte do resto de sistemas, como os motores iónicos, os motores de estabilización, os sensores solares, os compensadores de momento magnético e os sistemas de comounicación.

Lanzáronse dous Plasma A, ambos mediante foguetes Tsiklon-2, o primeiro o 1 de febreiro de 1987 e o segundo o 10 de xullo dese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos US-A

Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Satélites artificiais da Unión Soviética Categoría:Enerxía nuclear