GRACE-FO (acrónimo de Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On) foi unha misión composta por dous satélites artificiais colaboración da NASA e Alemaña, continuación da misión GRACE, lanzado o 22 de maio de 2018 mediante un foguete Falcon 9 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de GRACE-FO é continuar as medicións levadas a cabo pola anterior misión GRACE do campo gravitatorio da Terra, tanto a súa compoñente estática como a dinámica, mediante dous satélites idénticos voando en formación e capaces de medir a distancia entre eles cunha precisión duns poucos micrómetros. A distancia entre os dous satélites (denominados GRACE-FO 1 e GRACE-FO 2) determínase mediante microondas en banda K, GPS e, como novidade, láser. Os erros introducidos polo rozamento atmosférico e a presión da radiación solar minimízanse sendo medidos mediante un acelerómetro e restados das medidas entre os satélites. Cada unha das naves GRACE-FO mide aproximadamente 3,0 x 2,0 x 0,8 m e pesan uns 580 kg.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos GRACE

Ligazóns externas Páxina de GRACE-FO na NASA

Categoría:Satélites artificiais