A Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto (ACSCM) é unha sociedade plural e creativa integrada por cualificadas personalidades para un mellor coñecemento desa xeografía común do territorio a ambos lados da raia galego-portuguesa, e foi impulsada pola Asociación de Amigos do Couto Mixto. No ano 2025 a asociación pasa a denominarse oficialmente: Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto.

A súa función será aglutinar a personalidades relevantes de aquén e alén da raia en todas as disciplinas da investigación. Tamén é unha academia dedicada ás ciencias sociais co obxectivo de estudar e investigar o Couto Mixto, recuperando documentación histórica relacionada con este microestado independente entre 1147–1868.

Creouse o día 22 de xullo de 2022, coincidindo coa entrega dos nomeamentos como Xuíz Honorario correspondentes a ese ano.

Presidente Luís García Mañá

Director Xosé Manuel Cid

Académicos # Ano Nome Disciplina Discurso 1 2023 Paula Godinho Antropoloxía Memória do Couto Mixto e condição cosmopolita 2 2023 Américo Rodrigues Informática Aspectos do territorio de Castro Laboreiro e do Couto Mixto, espazos territoriais singulares na Serra do Xurés 3 2026 Carmen Eiró Xudicatura Os incendios forestais transfronteirizos 4 2026 Fernando Serrulla Rech Antropoloxía Exhumacións da guerra civil

Notas

Categoría:Asociacións de Galicia