The Last of Us é unha serie de televisión dramática estadounidense creada por Craig Mazin e Neil Druckmann para HBO. Está baseada no videoxogo homónimo de 2013 desenvolvido por Naughty Dog. A serie está ambientada no ano 2023, vinte anos despois dunha pandemia global causada por unha infección fúnxica masiva que converte os hóspedes en criaturas semellantes a zombis e fai colapsar a sociedade moderna. A serie conta as aventuras de Joel (Pedro Pascal), un contrabandista a quen se lle asigna o traballo de escoltar a adolescente Ellie (Bella Ramsey) a través dos Estados Unidos.
The Last of Us rodouse en diferentes lugares do estado canadense de Alberta entre xullo de 2021 e xuño de 2022. É a primeira serie de televisión de HBO baseada nun videoxogo. Trátase dunha produción conxunta de Sony Pictures Television, PlayStation Productions, Naughty Dog, the Mighty Mint e Word Games. Druckmann, que escribiu o guión e dirixiu o xogo orixinal, axudou a Mazin co guión dos nove episodios da primeira tempada. A canción de inicio foi composta por Gustavo Santaolalla, quen tamén compuxo para o videoxogo xunto con David Fleming.
The Last of Us estreouse o 15 de xaneiro de 2023 con capítulos semanais. Foi ben acollida pola crítica, que gabou a intepretación, o guión, a produción, chegando a ser cualificada como a mellor adaptación dun videoxogo con actores reais.
En xaneiro de 2023, renovou contrato para unha segunda tempada.
Elenco
Protagonistas Pedro Pascal como Joel. Bella Ramsay como Ellie.
Secundarios Nico Parker como Sarah, filla de Joel. John Hannah como Doutor Newman. Merle Dandridge como Marlene. Josh Brener como Murray. Christopher Heyerdahl como Doutor Schoenheist. Brendan Fletcher como Robert. Anna Torv como Tess. Gabril Luna como Tommy. Christine Hakim como Ratna Pertiwi. Nick Offerman como Bill. Murray Bartlett como Frank. Lamar Johnson como Henry. Melanie Lynskey como Kathleen Coghlan. Keivonn Montreal Woodard como Sam. Jeffrey Pierce como Perry. John Getz como Eldelstein. Rutina Wesley como Maria. Graham Greene como Marlon. Elaine Miles como Florence. Storm Reid como Riley. Scott Shepherd como David. Troy Baker como James. Ashley Johnson como Anna.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da serie en HBO
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da HBO Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2000 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2010 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2020 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023