miniatura|240px|Eurostopodus mystacalis Eurostopodus é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, un dos dous integrados na subfamilia dos eurostopodinos, da que é o seu xénero tipo.Subfamily Eurostopodinae Sibley et al., 1988 en Zoonomen. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.Eurostopodus Gould, 1838 no GBIF. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.Eurostopodus Gould, 1838 na BioLib. Consultada o 16 de xaneiro de 2023.

Taxonomía Descrición O xénero foi descito en 1838 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould, na súa obra A synopsis of the birds of Australia, and the adjacent islands.

Etimoloxía O nome científico Eurostopodus está formado pola unión dos elementos Eurosto- e -podos, ambos os dous tirados do grego antigo εύρωστος eúrōstos, "forte", e πούς poús, "pé", respectvivamente.Great-eared Nightjar Eurostopodus macrotis en ogaclicks.com, 2019.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos sinónimos: Eurostopus Sundevall, 1873 Eurystopodus Wiegmann, 1838

Especies O xénero comprende as seguintes sete especies: Eurostopodus archboldi (Mayr & Rand, 1935) Eurostopodus argus E. J. O. Hartert, 1892 Eurostopodus diabolicus Stresemann, 1931 Eurostopodus exul Mayr, 1941 Eurostopodus mystacalis (Temminck, 1826) Eurostopodus nigripennis E. P. Ramsay, 1882 Eurostopodus papuensis (Schlegel, 1866)

Distribución As especies deste xénero habitan en Australia Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón e Nova Caledonia.

Características Este xénero distínguse dos caprimúlxidos do Vello Mundo por careceren de longas serdas na base dos peteiros, e tamén mostra algunhas características que non comparten coas subfamilias dos caprimulxinos e dos cordeilinos, como teren un tamaño maior ou a presenza variábel de penachos na cabeza (cristas), xuvenís con plumaxe avermellada, períodos de incubación longos e ovos con manchas de cor marrón-vermella e negra.Holyoak, D. T. (2001): Nightjars and their Allies. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4987-1

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8. Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).

Outros artigos Caprimulxiformes Caprimulxinos

Categoría:Caprimulxiformes Categoría:Xéneros de aves