A Copa Mundial de Clubs da FIFA de 2006 (en inglés FIFA Club World Cup 2006 presented by Toyota) é un torneo de fútbol organizado pola FIFA en colaboración con Toyota que se disputou no Xapón do 10 ó 17 de decembro de 2006. Trátase dun Mundial de Clubs para o que se cualifican os campións das 6 rexións continentais do mundo.
Equipos participantes
Ó longo do ano 2006 os seguintes equipos cualificáronse a través das súas respectivas competicións continentais:
20px Jeonbuk Hyundai Motors Vencedores da Liga de Campións da AFC de 2006 20px FC Barcelona Vencedores da Liga de Campións da UEFA 2005-06 20px Club América Vencedores da Copa de Campións da CONCACAF de 2006 20px Al-Ahly Vencedores da Liga de Campións da CAF de 2006 20px SC Internacional Vencedores da Copa Libertadores 2006 20px Auckland City FC Vencedores do Campionato de Clubs de Oceanía de 2006
Cadros de xogadores
Artigo principal: Cadros de xogadores da Copa Mundial de Clubs da FIFA de 2006
En total e entre as seis escuadras participantes, participan 138 xogadores e 6 adestradores principais de 23 países diferentes.
Estadios utilizados 300px|dereita|miniatura|Entrada do International Stadium of Yokohama, sede da final do campionato. CidadeEstadioCapacidadeTokyoTokyo National Stadium 49.970Toyota City Toyota Stadium 45.000YokohamaInternational Stadium of Yokohama 73.237
Estrutura do torneo Os representantes dos seis continentes xogan un torneo eliminatorio. Os encontros dos cuartos de final saen dun sorteo entre os equipos da CAF, da AFC, da CONCACAF e da OFC, mentres que os equipos da UEFA e da CONMEBOL pasan directamente para semifinais. Os equipos derrotados en cuartos de final xogan polo quinto posto, e os que caen en semifinais, polo terceiro.
Inicialmente considerouse invitar a unha escuadra local, idea que se rexeitou. Ademais, trala saída de Australia da OFC, o representante de Oceanía, o Auckland City FC, será totalmente afeccionado, así que se considerou que xogara un play-off de cualificación contra o campión da J-League, a liga xaponesa de fútbol, nese momento o Gamba Osaka, o que tamén se rematou por rexeitar.
Cadro do torneo
Tódalas horas son as locais do Xapón, UTC +9.
Ligazóns externas
Páxina oficial do torneo na web da FIFA
Categoría:Copa Mundial de Clubs da FIFA Categoría:Fútbol en 2006