Os Iisalmen Peli-Karhut, ou simplemente IPK, son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Iisalmi, na rexión de Savonia do Norte (Finlandia). O equipo foi fundado en 1966 e dende 2016 xoga na segunda liga máis importante de Finlandia, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Kankaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 326 persoas.

En 2021 o equipo fixo historia ao gañar a medalla de bronce da Mestis por primeira vez na súa historia logo de derrotar no partido polo bronce aos Kiekko-Pojat de Joensuu 0-4.

Personalidades Xogadores Números retirados O IPK ten retirado os seguintes catro números ao longo da súa historia:

Números retirados de IPK Número Nome 5 Pekka Huttunen 24 Risto Kurkinen 25 Jarmo Ylisipola 75 Janne Svensk

Palmarés 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2021

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

IPK