Darius Jamar Thompson, nado o 4 de maio de 1995 en Murfreesboro, Tennessee, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Anadolu Efes SK da Basketbol Süper Ligi turca.

Traxectoria profesional Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2018, en agosto de 2018 Thompson asinou un contrato dun ano co ZZ Leiden da Dutch Basketball League. A final de tempada, Thompson foi elixido como mellor xogador da tempada da DBL.

O 23 de xullo de 2019, Thompson asinou un contrato dun ano con opción a outro máis co New Basket Brindisi da Lega Basket Serie A e da Basketball Champions League.

O 1 de xullo de 2021, tras dúas tempadas no Brindisi, Thompson asinou co PBC Lokomotiv Kuban da VTB United League.

O 12 de agosto de 2022, Thompson asinou un contrato por dúas tempadas co Saski Baskonia da Liga ACB.

O 7 de xullo de 2023, Thompson asinou un contrato de dous anos con opción a un terceiro co Anadolu Efes SK turco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en RealGM.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no condado de Rutherford, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do ZZ Leiden Categoría:Xogadores do New Basket Brindisi Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK