John Wick: Chapter 3 – Parabellum (tamén coñecido como John Wick: Chapter 3 ou John Wick 3) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Chad Stahelski e escrito por Derek Kolstad, Shay Hatten, Chris Collins e Marc Abrams, baseándose nunha historia de Kolstad. É a secuela de John Wick (2014) e John Wick: Chapter 2 (2017), e é o terceiro título da franquía cinematográfica de John Wick. Está protagonizado por Keanu Reeves, xunto con Halle Berry, Laurence Fishburne, Mark Dacascos, Asia Kate Dillon, Lance Reddick, Anjelica Huston e Ian McShane. No filme, John Wick foxe dunha lexión de asasinos despois de que se fose marcado cunha recompensa polo seu asasinato.
O terceiro filme da franquía foi anunciado en xuño de 2017. A maior parte do elenco e do equipo confirmou a súa participación en febreiro de 2018, e os novos membros uníronse en maio dese mesmo ano. A rodaxe comezou ese mes e durou até novembro, tendo lugar en Nova York, Montreal e Marrocos.
Personaxes
Keanu Reeves como John Wick / Jardani Jovonovich Halle Berry como Sofia Al-Azwar Ian McShane como Winston Laurence Fishburne como "The Bowery King" Mark Dacascos como Zero Asia Kate Dillon como "The Adjudicator" Lance Reddick como Charon Tobias Segal como Earl Anjelica Huston como "The Director" Saïd Taghmaoui como "The Elder" Jerome Flynn como Berrada Randall Duk Kim como o doutor Margaret Daly como Operator Robin Lord Taylor como "Administrator" Susan Blommaert como "Librarian" Jason Mantzoukas como "Tick Tock Man" Cecep Arif Rahman como Shinobi #1 Yayan Ruhian como Shinobi #2 Roger Yuan como Huang Tiger Chen como Triad (sen acreditar) Boban Marjanović como Ernest
Notas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chad Stahelski Categoría:Filmes producidos por Basil Iwanyk Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de Thunder Road Films Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Marrocos