Waldemar Dalenogare Neto nado en Porto Alegre o 3 de abril de 1991, máis coñecido como Dalenogare, é un crítico de cine, investigador, historiador, streamer e profesor universitario brasileiro. Reside nos EEUU, onde traballa nun laboratorio de investigación en Boston. En xuño de 2021, Dalenogare descubriu a primeira mención do termo Oscar na prensa, que figuraba na columna "Cinematters" do xornalista Relman Morin no Los Angeles Evening Post-Record o 5 de decembro de 1933.

Traxectoria

Formación É doutor en Historia pola Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul (PUCRS) e posgrao en cinema.

Membresías Foi o primeiro suramericano en unirse á Critics Choice Association, que organiza os Critics' Choice Movie Awards. É membro de Film Independent (onde vota polos Independent Spirit Awards), da Academia Brasileira de Cinema, de Online Film Critics Society (OFCS) e director do CINESOV (Centro de Estudos Cinematográficos Soviéticos).

Premios Premio Tese Fulbright-Capes 2021, coa investigación «Os Estados Unidos e a Operación Cóndor», realizada baixo a dirección do profesor Helder Gordim da Silveira.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Historiadores do Brasil Categoría:Historia do cinema Categoría:Nados en Porto Alegre