O Caso Altsasu é un procedemento xudicial contra oito mozos por unha agresión que tivo lugar na madrugada do 15 de outubro de 2016. Nun bar do municipio foron agredidos dous axentes da Garda Civil fóra de servizo e as súas parellas. Un dos axentes mostraba unha patada no parietal, outros tiñan contusións leves e varios denunciantes afirmaron padecer secuelas psicolóxicas por mor dos feitos. O preito foi inicialmente conducido pola xuíza Carmen Lamela, da Audiencia Nacional. En marzo de 2018 Concepción Espejel foi nomeada como maxistrada á fronte do xuízo, que se celebrou en abril dese ano.
O caso foi polémico, xa que o fiscal describiu os feitos como terroristas e pediu entre 12 e 62 anos de prisión para os oito acusados. Este duro enfoque da xustiza española uniuse ás denuncias dos partidos nacionalistas e de esquerda por supostas irregularidades e falta de neutralidade no proceso. Por estes motivos, o caso Altsasu é criticado por diversos sectores.
A Audiencia Nacional rexeitou os cargos de terrorismo, pero impuxo sentenzas de entre 2 a 13 anos de cárcere. A fiscalía apelou a sentenza en xuño de 2018 e insistiu na existencia de terrorismo, mais foi de novo rexeitado en marzo de 2019.
O 19 de xaneiro de 2022 o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos inadmitiu a demanda presentada polos condenados, co que rexeitou calquera vulneración dos dereitos dos mesmos.
Evolución dos acontecementos
Atención de medios de comunicación e polémica O incidente axiña atraeu intensamente a atención dos medios de comunicación. Os denunciados entregáronse por vontade propia á Policía Foral de Navarra, mais ficaron en liberdade con cargos. O Ministro do Interior no momento, Jorge Fernández Díaz, cualificou o feito como "delito de odio" polos denunciantes seren Gardas Civís, mais non como kale borroka, senón como evento illado.
Catro días máis tarde, COVITE, unha asociación de vítimas de ETA, presentou unha denuncia contra os sospeitosos por terrorismo e odio. Tamén denunciaron diversas contas de Twitter, o movemento local Ospa e a campaña Alde hemendik! ("Fóra de aquí!" en éuscaro). O tribunal pronto reclamou a transferencia do caso á Audiencia Nacional, encargada de xulgar delitos moi graves. Malia o tribunal rexional descartar os cargos por terrorismo, o Tribunal Supremo autorizou o traspaso do caso á Audiencia Nacional.
Evidencias e declaracións xudiciais Segundo o xuíz, os dous axentes implicados na pelexa estaban vestidos de civís. No festival local de Altsasu, un número de mozos achegóuselles na barra e pediulles que marchasen do lugar. Os axentes pediron que os deixasen tranquilos. Porén, "máis tarde, unhas 25 persoas achegáronselles, con 15 ou 20 deles insultando e golpeándoos até que chegaron as patrullas". Iñaki Abad, un dos mozos procesados, gravou un vídeo co seu móbil. Este mostra o axente da Garda Civil que supostamente fora "brutalmente golpeado no chan" andando cunha camisa branca e limpa momentos despois dos supostos feitos. O axente fóra de servizo golpea o teléfono de Abad pero, máis tarde, danse a man e falan.
As imaxes, que cuestionan o procedemento xudicial, foron inicialmente rexeitadas como proba polo tribunal. Porén, máis tarde foron aceptadas.
Amais desta evidencia, o tribunal rexeitou as declaracións de testemuñas propostas pola defensa e outras imaxes dos feitos, así como fotografías que describen as dimensións reais da barra onde o ataque tivo lugar.
Cargos Os oito mozos (Ohian Arnanz Ziordia, Jokin Unamuno Goikoetxea, Jon Ander Cob Amilibia, Julen Goikoetxea Larraza, Adur Ramírez de Alda Pozueta, Aratz Urrizola Ortigosa, Iñaki Abad Olea e Ainara Urkijo Goikoetxea) recibiron unha ampla lista de cargos, entre eles, terrorismo.
No xuízo pedíronse 62 anos de prisión para un do grupo. Para o resto pedíronse 50 anos, agás un que afrontou unha pena de 12 anos de cárcere. Os acusados foron encarcerados de xeito preventivo baixo o artigo 573 do Código Penal, un artigo pensado para persoas sospeitosas de terrorismo.
Evolución do procedemento En febreiro de 2018 a defensa rexeitou a nova xuíza do caso, Concepción Espejel, ante acusacións de falta de neutralidade por estar casada cun coronel da Garda Civil e ser condecorada coa Orde ao Mérito da Garda Civil. A petición da defensa foi desestimada por "improcedente". As audiencias tiveron lugar do 16 ao 27 de abril de 2018. O 1 de xuño a sentenza foi anunciada e a corte desestimou os cargos de terrorismo. A sala declarou os acusados culpábeis de atentado a axentes da autoridade e lesións, agravados con abuso de superioridade e discriminación, e desorde pública e ameazas. Un dos acusados foi sentenciado a 2 anos de prisión, tres a unha pena de 9 anos, dous a 12 anos e os outros dous a 13 anos.La Audiencia Nacional no ve terrorismo en la agresión de Alsasua en elperiodico.com
As familias definiron o procedemento como "indignante" e "un acto de vinganza", e anunciaron que apelarían a sentenza. Catro días máis tarde, a Garda Civil arrestou a catro dos acusados en Altsasu e enviounos a prisión. O 14 de xuño de 2018 o fiscal do caso tamén apelou a sentenza, de novo baixo o argumento de terrorismo. Seis días máis tarde, a condena de Iñaki Abad reduciuse 3 anos "debido a un erro". A xuíza decidiu aceptar entón a proba inicial do testemuño de María José N.C., unha vítima da pelexa, quen declarou que Abad non se atopaba entre os agresores.
O 7 de marzo de 2019 a sentenza para as apelacións da defensa e do fiscal foi filtrada pola Cadena SER antes do seu anuncio oficial polo Tribunal Nacional ás partes implicadas. Confirmou maioritariamente o veredicto inicial: non había terrorismo. Porén, as sentenzas eran aínda adecuadas debido a agravantes como "discriminación ideolóxica" contra os axentes da Garda Civil e as súas parellas. Iñaki Abad finalmente foi condenado a 6 anos de cárcere.
O 9 de outubro de 2019 anunciouse a sentenza final do xuízo. O tribunal describiu os feitos como "execrábeis" por estaren dirixidos cara a axentes da Garda Civil. Porén, finalmente rexeitou os cargos de abuso de autoridade e discriminación ideolóxica. A sentenza desestimou a petición do fiscal a mediados de setembro na que afirmou que "se atacou á Garda Civil por ser fiel ao Rei e ao pobo español". As sentenzas foron reducidas, aínda que dous xuíces do cinco discreparon da decisión, por creren que os cargos de discriminación non debían ser descartados. As familias dos condenados e a súa avogada, Amaia Izko, consideraron as penas impostas como inxustas e non axustadas aos feitos obxectivos. Amais, destacaron a «carencia de garantías durante o proceso».
Declaracións durante os procedementos O proceso converteuse no centro de atención dos medios de comunicación polas duras penas solicitadas e as circunstancias políticas ao redor do xuízo, incluíndo certas afirmacións: "O que estamos a ver na España do século XXI é persoas pedíndolles a outras, cuxo traballo non lles gusta, que abandonen a cidade. Isto é xenofobia, racismo, fascismo en estado puro, que é o que defenden os supremacistas abertzales, impregnados dun nacionalismo anticuado". José Perals, fiscal. "Consideramos que se non se aprecia terrorismo en casos como estes retrocederiamos 20 anos, a aqueles momentos nos que [en referencia ás organizacións xuvenís de ETA] Segi, Jarrai e Haika campaban tranquilamente polos pobos do País Vasco e Navarra e algúns dicían que eran cousas dos mozos da gasolina, da kale borroka" José Perals. "[A sentenza mostra] un absoluto desprezo ao principio de xustiza, non é nada proporcional, é unha vinganza e ten unha intención clara de xerar dor”. Familias dos acusados.
Reaccións
Críticas ao ataque As duras e explícitas acusacións do fiscal cara aos acusados atraeron o apoio das principais asociacións de vítimas de ETA e o apoio explícito de partidos como Cidadáns ou o PP, que vían os feitos como parte da "estratexia de ETA". O 22 de outubro de 2016 a líder de COVITE, Consuelo Ordóñez, visitou o municipio de Altsasu acompañada dunha notábel presenza de medios. O día seguinte, o entón presidente Mariano Rajoy declarou que "non haberá ningunha impunidade" para a "agresión brutal".
O 18 de abril de 2018 unhas 2.500 persoas (segundo datos da Delegación do Goberno en Navarra) acudiron á manifestación convocada en Pamplona por varios partidos (PP, UPN, PSN e Cidadáns) e dúas asociacións de vítimas de ETA en apoio aos axentes de Garda Civil, na que criticaron a posición do goberno navarro no asunto. O 1 de xuño a Asociación Unificada de Guardias Civiles celebrou as sentenzas impostas, xa que servirían para que "remita paulatinamente a hostilidade" contra eles e se alcance o "clima de convivencia desexábel en toda sociedade democrática". A asociación engadiu que "non é aceptábel que nun Estado de dereito os traballadores da seguridade pública e os seus familiares, moitos deles menores de idade, non poidan vivir en paz a causa do uniforme que visten".
O Partido Popular de Navarra criticou que o Parlamento de Navarra aprobase unha moción que, na súa opinión, "apoiaba aos verdugos e non ás vítimas". Pablo Casado, presidente do PP, visitou o cuartel da Garda Civil en Altsasu durante a campaña das eleccións de 2018 para mostrar o seu apoio ao corpo policial. Declarou que "non pode haber ningunha imparcialidade entre matóns golpeando persoas inocentes nun bar e servidores públicos quen arriscan a súa vida loitando polos nosos dereitos e liberdades".
Críticas ao proceso xudicial miniatura|Evento solidario a favor dos procesados en Gasteiz Por outra banda, o caso provocou indignación e perplexidade entre políticos, algúns sectores sociais e institucións de Altsasu, Navarra e Euskadi en xeral, que cuestionaron a versión oficial dos feitos. En xullo de 2017 52 eurodeputados de cinco grupos parlamentarios asinaron un documento público en que pedían a intervención do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, "en atención aos principios de proporcionalidade, xustiza e equidade". Destacaron que a petición da fiscalía era "desproporcionada, carente de sentido e antidemocrática". A Comisión Europea respondeu que seguiría detidamente o proceso xudicial. alt=|esquerda|miniatura|Mostra de apoio en Altsasu aos acusados A organización a prol dos dereitos humanos Amnistía Internacional definiu o caso como "unha ofensa moi seria", sinalado o risco de trivialización e ambigüidade do cargo de "terrorismo", así como o "desproporcionado" das acusacións. A ONG mostrou tamén a súa preocupación polo proceso xudicial, xa que podería estar a incumprir "o principio de imparcialidade" e "discriminando aos acusados pola súa ideoloxía", engadindo que era inconcibíbel a acusación de "terrorismo".
En xuño de 2018 o antigo maxistrado da Audiencia Nacional Baltasar Garzón referiuse ao proceso como "unha vergoña" alimentada por unha necesidade de satisfacer rancores e vinganzas de determinados sectores en España mediante o uso da xustiza. Igualmente o adestrador de fútbol Pep Guardiola criticou en xuño de 2019 os 900 días de prisión dos acusados. Sinalou na mesma liña ao Estado español por este e outros casos similares, como os relacionados co proceso independentista catalán. miniatura|Manifestación en Pamplona en apoio aos acusados en abril de 2018 Por mor das audiencias de abril, entre 30.000 e 50.000 persoas manifestáronse nas rúas de Pamplona o 14 de abril de 2018 en apoio aos acusados e as súas familias e protestar contra as condicións en que se estaba a desenvolver o proceso xudicial. Á manifestación asistiron o alcalde da cidade, Joseba Asiron (EH Bildu) e María Solana, en representación do goberno navarro. Tamén foi apoiada polos sindicatos Langile Abertzaleen Batzordeak, Eusko Langileen Alkartasuna e Comisións Obreiras e polos partidos do goberno foral. Por outra banda, UPN, PSN, Cidadáns e o PP de Navarra criticaron a mobilización.