A lingua khakas (tamén coñecida como xakas, e cuxo endónimo é хакас тілі, khakas tįlį, тадар тілі, tadar tįlį) é unha lingua turca falada polo pobo khakas, o cal vive na república siberiana meridional de Khakassia, en Rusia. Os khakas son unhas 73 000 persoas, as cales 42 000 falan a lingua khakas. A maioría dos falantes de khakas son bilingües co ruso.

Tradicionalmente, a lingua khakas divídese en varios dialectos estreitamente relacionados, os cales toman os seus nomes de diferentes tribos khakas: Sagay, Kacha, Koybal, Beltir e KyzylDe feito, estes nomes representan antigas unidades administrativas en lugar de grupos tribais ou lingüísticos. As persoas que falan todos estes dialectos simplemente se referían a si mesmas como Tadar (é dicir, tártaro).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas de Rusia