Manuel Díaz López, coñecido como Chaquetón, nado en Laiosa (O Incio) e finado en Lugo o 30 de agosto de 1938, foi un mestre, comerciante e político galego.
Traxectoria
Mestre e comerciante. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi concelleiro en Sarria e xefe local da Falanxe despois da caída en desgraza do grupo liderado por Mario González Zaera en decembro de 1936. Foi o responsable da Escuadra Negra de Eirexalba e xunto con Manuel Castro Castro "Eirexalba" participou nos asasinatos de Manuel Díaz González, Jesús Casas González e Rosendo Vila Fernández. Foi acusado con Manuel Castro Castro "Eirexalba" do asasinato de Manuel Saco Rivera, abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, e ambos foron detidos xunto co indutor, o que fora xefe local de Falange de Sarria, Eduardo Gómez Requejo. Ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados Manuel Díaz e Manuel Castro no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938. Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Concelleiros de Sarria
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Falanxistas Categoría:Nados no Incio Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Asasinos