Kapiʻolani, nada o 31 de decembro de 1834 en Hilo e finada o 24 de xuño de 1899 en Waikiki (Honolulu), casou co Rei Kalākaua e reinou como raíña consorte do Reino de Hawai.
Traxectoria Casou con Kalākaua en 1863 que ascendeu ó trono en 1874. En 1887 viaxou ó Reino Unido para asistir ó xubileu da raíña Vitoria do Reino Unido, na súa volta visitou os Estados Unidos e foi recibida polo presidente Grover Cleveland. Interesada pola saúde, promoveu a creación dun hospital materno e un centro para rapazas leprosas.
Árbore xenealóxica
Véxase tamén Ligazóns externas Honoluluadvertiser.com Hospital que leva o nome da Raíña Hotel que leva o nome da Raíña
Categoría:Dinastía Kalākaua Categoría:Nados en Hilo, Hawai Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1899